Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO PARA ASISTIR AO CONTACONTOS "CONTIARIO" E ÁS MESAS DE CONVERSA EN INGLÉS
ABERTO O PRAZO PARA ASISTIR AO CONTACONTOS
As persoas que desexen acudir deben anotarse previamente na Biblioteca municipal, tal e como indicou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo
Narón, 3 de outubro de 2018. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que entre as actividades programadas para este mes de outubro na Biblioteca municipal se atopan as Mesas de conversa en inglés e o contacontos Contiario. Esta última proposta, a cargo de Pablísimo, diríxese ao público infantil (a partir de tres anos) e terá lugar o vindeiro sábado, día 6, a partir das 11.00 horas. Taibo explicou que é unha actividade para a que se precisa inscrición previa, e xa que as vinte e cinco prazas dispoñibles se cubrirán por orde de inscrición, animou á veciñanza a anotarse, de xeito presencial na propia Biblioteca, ou chamando por teléfono ao número 981 382 173 no horario de apertura das instalacións.
Taibo apuntou que nesta sesión de contacontos, Pablísimo encargarase de que os nenos e nenas escoiten unha gran variedade de contos, narrados de moi diversas formas; empezando polo revés, con cancións, sen final, con adiviñanzas…. “A literatura infantil e a tradición oral estarán moi presentes neste traballo de Pablísimo”, asegurou a concelleira, que convidou ás veciñas e veciños a asistir á convocatoria.
Así mesmo, tamén está xa aberto na Biblioteca municipal o prazo para anotarse na Mesa de conversa en inglés que terá lugar o vindeiro luns, día 8, en dúas sesións, de 11.00 a 12.00 e de 17.15 a 18.15 horas. “Esta actividade diríxese a persoas maiores de 16 anos e está pensada para que os asistentes, coa axuda dunha persoa que domina o idioma, conversen entre eles en inglés”. A actividade impártese cada luns, co que as persoas que o desexen poden asistir anotándose a partir do mércores anterior, ao tratarse de prazas limitadas, tal e como explicou a responsable da área municipal de Bibliotecas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal