Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A VECIÑA DO COUTO FLORA LÓPEZ YÁÑEZ RECIBIU A VISITA DAS EDÍS DE PROMOCIÓN SOCIAL E ACCIÓN SOCIAL CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS MAIORES
A VECIÑA DO COUTO FLORA LÓPEZ YÁÑEZ RECIBIU A VISITA DAS EDÍS DE PROMOCIÓN SOCIAL E ACCIÓN SOCIAL CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS MAIORES
Teresa Sabio e Catalina García desprazáronse á vivenda da centenaria para conversar con ela e entregarlle un agasallo
Narón, 3 de outubro de 2018. A veciña do Couto Flora López Yáñez, de 103 anos, recibiu esta mañá a visita das concelleiras de Promoción Social, Teresa Sabio, e Acción Social, Catalina García, que se desprazaron ata a súa vivenda para felicitala con motivo dos actos programados desde o Concello para conmemorar o Día Mundial das Persoas Maiores.
Flora López, natural de Placente (en Sedes) e que o vindeiro mes de xaneiro cumprirá 104 anos, reside coa súa filla Amalia Romero Yáñez e o seu xenro Celso na parroquia do Couto e ten tres tataranetos, un neno de seis anos e unhas xemelgas de nove meses. Conversou animadamente coas concelleiras naronesas durante a visita, explicándolles que ten moi bo apetito e que lle gustan moito as castañas, entre algunhas anécdotas da súa vida, dende que era unha nena. Agradeceu a centenaria a visita de Sabio e García, que lle entregaron como agasallo unha orquídea. As edís naronesas quedaron convidadas a voltar a visitar a Flora, a quen xa coñecen desde hai varios anos, ao ser unha das mulleres que en 2015, con 100 anos, participou nunha homenaxe institucional organizada polo Concello a veciños e veciñas centenarios da cidade.
Pola súa banda, tanto Teresa Sabio como Catalina García agradeceron a acollida tanto de Flora como da súa familia e tamén o tempo que lles adicaron esta mañá para conversar durante un tempo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal