Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN DE TORNEIROS DE MADEIRA VIRUTAS NA ORGANIZACIÓN DO III ENCONTRO DE TORNEIROS DE MADEIRA
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN DE TORNEIROS DE MADEIRA VIRUTAS NA ORGANIZACIÓN DO III ENCONTRO DE TORNEIROS DE MADEIRA
O evento terá lugar os días 5 e 6 de outubro e reunirá a profesionais torneiros da cidade e da comarca
Narón, 4 de outubro de 2018. O Concello de Narón e a Asociación de Torneiros da Madeira Virutas organizan unha nova edición, a terceira, do Encontro de torneiros de madeira Virutas, que terá lugar mañá e o sábado na nave da Ferretería Canaima, na rúa Basanta s/n (Ferrol). A convocatoria coincide coa “VI Feira de Maquinaria” que se desenvolve na mesma ubicación.
As persoas que desexen asistir poderán facelo mañá, entre as 10.00 e as 13.30 e de 14.00 a 17.30 e tamén na xornada do sábado, de 10.00 a 13.30 e de 14.00 a 19.30 horas. A música porá o broche final a esta convocatoria, na que se sortearán varios agasallos entre os asistentes antes de proceder á clausura, á que asistirá a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro.
Nunha superficie duns trinta metros cadrados poderán expoñer os seus traballos aqueles torneiros interesados para participar neste Encontro. O presidente da asociación Virutas, Adolfo Mira, explicou que, ao igual que en anteriores edicións, “haberá demostracións en vivo de torneado e contaremos coa presenza dun torneiro profesional, Xavier Martín, de Miño”. As persoas que se acheguen ata a nave na que se desenvolve o evento poderán ver unha gran variedade de pezas torneadas de madeira e tamén todo tipo de ferramenta e maquinaria de torneado, así como algunhas publicacións relacionadas con este tipo de actividade.
O presidente de Virutas avanzou que xa teñen confirmada a súa asistencia representantes da Asociación Amigos da Madeira, das Pontes, e tamén outros representantes de entidades da comarca e persoas a título individual, algunhas delas procedentes doutras provincias españolas, como Rafael Alonso, de Palencia.
Varios torneiros asociados a Virutas amosarán unha serie de pezas únicas realizadas na cidade, dando así a coñecer o traballo que realizan desde Narón, donde iniciaron a súa andaina hai xa dous anos.
A entrada é de balde e tanto desde a asociación como desde o Concello animaron á cidadanía a asistir para ver as pezas que realizan os profesionais da madeira e tamén as últimas novidades en maquinaria para tornear.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal