Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARTICIPARÁN NO PROXECTO EUROPEO ON YOUR BIKE!
OS CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARTICIPARÁN NO PROXECTO EUROPEO ON YOUR BIKE!
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que o CFR de Ferrol coordinará os traballos co equipo de Educación Viaria de Narón
Narón, 4 de outubro de 2018. O Concello de Narón participará no proxecto On your bike!, impulsado polo Consistorio de Cardiff, capital de Gales, e que coordinará na comarca o CRR de Ferrol. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que con esta iniciativa, na que participan a través do Equipo de Educación Viaria de Narón os centros educativos da cidade, se aposta por promover actividades de educación viaria entre os distintos países e compartir e coordinar accións conxuntas.
Entre os coordinadores da iniciativa, que forma parte do proxecto Erasmus K2, con fondos da Unión Europea, atópanse ademais do CFR de Ferrol entidades de Portugal, Turquía, Finlandia e Noruega. A través do CFR coordinaranse as actuacións desenvolvidas en Narón e compartiranse co resto dos socios deste proxecto, entre os que están tamén entidades de Portugal, Gales, Turquía, Finlandia e Noruega. “Nos vindeiros meses poderemos traballar con todos eses países, vendo que tipo de actividades levan eles a cabo en materia de educación viaria e ensinándolles tamén as que realizamos en Narón, co fin de avanzar en iniciativas conxuntas de cara a continuar promovendo novos proxectos no futuro entre a poboación da cidade e, moi especialmente, fomentando o uso da bicicleta para ir ao colexio, algo que en Narón xa facemos desde hai tempo”, explicou.
O proxecto Camiños Escolares Seguros implantouse nos colexios Ponte de Xuvia, Piñeiros e Jorge Juan, e obtivo excelentes resultados con importantes niveis de participación por parte do alumnado, tal e como recordou Sánchez Fojo. O edil avanzou que próximamente se iniciará este programa no colexio da Solaina “donde xa está todo moi avanzado e en cuestión de poucos días confiamos en poder comezar este programa polas rutas deseñadas polo equipo de Educación Viaria do Concello”, indicou.
“Estamos satisfeitos desta oportunidade para poder participar nun programa europeo relacionado coa promoción do uso da bicicleta entre o alumnado. Para nós será moi gratificante compartir experiencias con outros países e tamén aprender deles novas iniciativas para intentar levalas a cabo na nosa cidade, donde a resposta das veciñas e veciños a estes proxectos é exemplar, algo que agradecemos especialmente desde o Concello”, subliñou Sánchez Fojo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal