Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU ESTA MAÑÁ UN CONVENIO CO PRESIDENTE DA FUNDACIÓN TERRA DE TRASANCOS
Marián Ferreiro e José Díaz rubricaron o acordo, que supón unha aportación económica por parte do Consistorio de 20.000 euros para desenvover numerosas actividades
Narón, 17 de outubro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá xunto con José Díaz, presidente da Fundación Terra de Trasancos, do Val, un convenio de colaboración por un importe de 20.000 euros. Ao acto, que tivo lugar no Concello, asistiu tamén a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio. En virtude a este acordo a Fundación Terra de Trasancos comprométese a desenvolver diferentes actividades vencelladas ao ámbito da acción social cos usuarios e usuarias das citadas instalacións. Entre as mesmas, tal e como figura no documento asinado esta mañá, están obradoiros de memoria, estimulación cognitiva, ximnasia terapéutica, informática e internet, aeróbic terapéutico, coredance e de psicomotricidade. O presidente da Fundación agradeceu no acto a colaboración prestada polo Concello de Narón á entidade, feito que lles permite continuar desenvolvendo unha gran variedade de propostas nas súas instalacións, tal e como indicou. Pola súa parte, Ferreiro valorou o traballo que realiza a Fundación Terra de Trasancos e destacou o feito de que este convenio se enmarque entre os programas de interese social colectivo, ao dirixirse á veciñanza en xeral as actividades que se impulsan cada ano a través do mesmo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal