Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA OS ACTOS CONMEMORATIVOS DO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
O CONCELLO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA OS ACTOS CONMEMORATIVOS DO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
O venres 19 a programación desenvoverase na Casa da Mocidade e o sábado 20 na Praza de Galicia, tal e como recordou a concelleira responsable da área de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 18 de outubro de 2018. A Casa da Mocidade acollerá o 19 de outubro pola tarde o primeiro dos actos organizados polo Concello de Narón para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas. A cantante e compositora galega MJ Pérez dará un concerto nas instalacións da Casa da Mocidade a partir das 20.00 horas, con entrada de balde. A cantautora iniciou a súa andaina musical no ano 2014 e desde entón o seu traballo permitiulle actuar en diferentes concellos, dando a coñecer a música galega a través dos seus tres traballos discográficos, de diferentes estilos e nos que colaboran outros artistas.
A actividade, tal e como recordou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, continuará na xornada do sábado día 20, con varios actos que se desenvolverán en horario de mañá e tarde e que terán lugar na Praza de Galicia, baixo unha carpa que se instalará para a ocasión. As instalacións da Biblioteca municipal (rúa 25 de Xullo) permanecerán pechadas durante esta xornada, polo que ás 11.00 horas abrirase a biblioteca habilitada nunha zona da carpa para, a continuación, sucederse varios espectáculos dirixidos ao público familiar e infantil. Ás 12.00 horas será o turno de Charo Pita, que protagonizará o espectáculo Vai de bechos e tamén, a partir das 13.00 O pucheiro da señora Emilia. O primeiro deles será baixo o formato de contacontos, no que a base de adiviñas e as cancións irá debullando unha serie de historias protagonizadas por animais, bechos, monstros… e o segundo protagonízao a señora Emilia, que atopa un pucheiro que irá viaxando polo mundo da man de diferentes persoas e a través do que se vivirán hisrtorias de medo, de risa, etc. Ás 14.00 horas pechará a biblioteca da carpa ata as 17.00 horas.
Pola tarde, coincidindo coa reapertura da bilbioteca da Praza de Galicia dará comezo un concerto a cargo de A Banda do Garaxe, da Agrupación Cultural Musical Sementeira e integrada por mozos e mozas de Narón e doutros concellos da comarca. Tamén haberá pola tarde actividades dirixidas ao público adulto e infantil, concretamente o obradoiro Debuxo paso a paso, a cargo do artista naronés Leandro Lamas, e obradoiros de manualidades durante toda a xornada, ata as 20.00 horas, momento no que se clausurarán tódalas actividades do programa do Día Internacional das Bibliotecas.
A concelleira de Bibliotecas animou á cidadanía a sumarse aos actos programados desde o Concello e dirixidos a público familiar e infantil con motivo do Día Internacional das Bibliotecas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal