Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA OBRAS DE SANEAMENTO EN CATRO PARROQUIAS DA ZONA RURAL POR UN IMPORTE DE 1,2 MILLÓNS DE EUROS
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, subliñou o feito de que este investimento permitirá dotar do servizo de alcantarillado a 152 vivendas das parroquias de Pedroso, San Mateo, Sedes e O Val
Narón, 27 de outubro de 2018. O Concello de Narón ampliará nos vindeiros meses a rede de saneamento na zona rural con cargo a unha partida de 1.255.297 euros. Así o anunciou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que destacou o importe destas actuacións e subliñou o feito de que “nos permitirán continuar dotando ás vivendas da zona rural, neste caso das parroquias de San Mateo, Sedes, Pedroso e O Val, dun servizo moi necesario”. A alcaldesa explicou que unha vez que se executen os traballos, un total de 152 vivendas destas catro parroquias da cidade contarán con servizo de alcantarillado. No que respecta á de San Mateo, tal e como indicou, beneficiaranse destes traballos un total de 13 vivendas do lugar de Calliqueira, donde se realizará un investimento de 141.772 euros. Na zona de Sedes, concretamente no lugar de Villallonte, realizarase unha actuación orzamentada en 483.108 euros para instalar o servizo de saneamento en 58 vivendas e na do Val investiranse 277.745 euros na zona de Grandal para dotar de alcantarillado a 40 casas. Con cargo a esa partida global de 1,2 millóns de euros contémplanse, tal e como destacou Ferreiro, dúas actuacións na parroquia de Pedroso para a implantación do citado servizo: unha orzamentada en 164.129 euros para levar o alcantarillado a 21 vivendas do lugar da Pedra e outra de 188.543 euros para facer o propio con 20 casas máis do lugar de Faxín. “O goberno local aposta decididamente por completar a rede de saneamento na zona rural, donde nos últimos anos se realizou un importante esforzo inversor para continuar avanzando na implantación deste servizo”, recalcou a alcaldesa. Así mesmo, Ferreiro subliñou que “esa mesma liña de traballo é a que continuaremos mantendo, porque somos conscientes de que aínda queda traballo por facer e tamén de que ano tras ano estamos dotando de saneamento a máis vivendas do rural de Narón, que é para nós unha das actuacións prioritarias”. A alcaldesa da cidade recordou ao respecto que “o goberno local destinou neste último ano máis de tres millóns de euros a obras de ampliación da rede de saneamento e abastecemento, maioritariamente na zona rural, aínda que tamén algunhas na zona urbana, donde foi preciso a reposición destes servizos”. Ás obras que próximamente se iniciarán nas parroquias de San Mateo, Sedes, Pedroso e O Val súmanse as que se proxectaron no lugar de Vilacornelle, no Val (para 22 vivendas), en Borreiros, na parroquia de Castro (17 vivendas), e tamén na rúa Chantado, na zona do Alto do Castiñeiro, todas elas en execución e con cargo a preto doutros 435.000 euros do orzamento municipal.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal