Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO LICITA EN 64.999 EUROS O ALUMEADO EXTERIOR ORNAMENTAL NA CIDADE DURANTE AS FESTAS DO NADAL
O CONCELLO LICITA EN 64.999 EUROS O ALUMEADO EXTERIOR ORNAMENTAL NA CIDADE DURANTE AS FESTAS DO NADAL
As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poderán facelo ata o vindeiro 12 de novembro, tal e como indicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla
Narón, 29 de outubro de 2018. O Concello de Narón licita en 64.999 euros o servizo de iluminación exterior ornamental das rúas e prazas do termo municipal durante as festas do Nadal. O edil responsable da área, Ibán Santalla, indicou que o servizo deberá estar operativo desde o 7 de decembro ata o 7 de xaneiro do vindeiro ano. As ofertas, tal e como apuntou o concelleiro de Servizos, poden presentarse ata o 12 de novembro, ás 23.59 horas, a través da Sede Electrónica do Concello, se ben se poderán enviar por correo postal ou entregar na Alcaldía –segundo andar do Concello- de luns a venres, en horario de 8.30 a 13.30.
No termo municipal –zonas urbana e rural- instalaranse preto de duascentas arcadas luminosas nas estradas e avenidas principais –a maior cantidade, 71, na estrada de Castela-, e tamén nas farolas no caso do núcleo urbán. Así mesmo, haberá varios motivos navideños en 3D ou árbores nas rotondas e prazas -23 de Novembro, da Constitución, antigo Concello de Xuvia, Álvaro Paradela, Gándara-, contemplándose un ano máis a ornamentación do abeto do xardín da residencia San José de Piñeiros, donde tradicionalmente ten lugar o acto oficial do acendido de Nadal. Unha das propostas recollidas no plego é a colocación dun elemento de iluminación visitable no seu interior, simulando unha gran bola de adorno de Nadal, de catro metros de altura por catro de ancho. A Casa do Concello iluminarase tamén no exterior con motivos navideños, así como a rotonda da estrada de Castela, na zona do Ponto (Piñeiros).
Nas parroquias do rural colocaranse varias arcadas en diferentes ubicacións, tal e como se especifica no plego, que deberán ser un mínimo de corenta.
No plego deste contrato –que se pode consultar na páxina web do Concello e a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, especifícase que o alumeado de Nadal debe acenderse ás 18.00 horas, todos os días, e apagarse de madrugada, ás 01.00 horas excepto os días 24, 25 e 31 de decembro e 1, 5 e 6 de xaneiro.
“O alumeado navideño, cos diferentes motivos e elementos a instalar na cidade, contribuirá a ambientar estas datas”, apuntou Santalla, que amosou a súa confianza en que “o traballo que se realice sexa do agrado das nosas veciñas e veciños”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal