Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A CASA DA MOCIDADE ACOLLERÁ O "FREAK HALLOWEEN" CON PROPOSTAS DIRIXIDAS A TODOS OS PÚBLICOS
A CASA DA MOCIDADE ACOLLERÁ O
A cita, organizada pola Asociación cultural Gaikai en colaboración co Concello, terá lugar o 31 de outubro
Narón, 30 de outubro de 2018. A Casa da Mocidade acollerá mañá, a partir das 20.00 horas, a segunda edición do Freak Halloween, organizado pola Asociación Cultural Gaikai e no que colabora o Concello. A organización explicou que entre as 20.00 e as 21.30 horas terá lugar un concurso de cabazas, no que poderán participar todas aquelas persoas que acodan á cita coas cabazas que decoren para esta festividade. En función da orixinalidade e do traballo realizado concederase un premio á que reciba unha maior puntuación.
O evento conta cun segundo concurso, neste caso que se desenvolverá entre as 20.30 e as 21.00 horas e de disfraces, no que tamén se premiará a orixinalidade con doces de orixe asiático.
As persoas que desexen participar en calquera destes dous concursos deben anotarse, de balde, a partir das 20.00 horas na Casa da Mocidade, donde persoal de Gaikai se encargará de atender aos asistentes. Os premios entregaranse ás 22.00 horas e tamén os correspondentes á Xincana Terrorífica que se desenvolverá durante a tarde noite, con tres probas: Carreira de bruxas, Quen son terrorífico e Atrapa á pantasma.
Desde a organización animouse á veciñanza a asistir a este evento, “no que poder participar en concursos e probas dirixidas a persoas de diferentes idades”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal