Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ESCOLARES DO CEIP PONTE DE XUVIA VISITARON AS INSTALACIÓNS DO TANQUE DE TORMENTAS DE XUVIA
ESCOLARES DO CEIP PONTE DE XUVIA VISITARON AS INSTALACIÓNS DO TANQUE DE TORMENTAS DE XUVIA
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, desprazouse ata o tanque de tormentas, a donde chegou o alumnado con persoal do equipo de Educación Viaria do Concello
Narón, 31 de outubro de 2018. Preto de medio cento de escolares de cuarto e quinto curso de Primaria do colexio Ponte de Xuvia participaron nun dos roteiros programados desde o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón pola cidade. Nesta ocasión, tal e como indicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, os menores desprazáronse en bicicleta ao tanque de tormentas de Xuvia, “nunha proposta que contou coa colaboración de Acuaes, que nos facilitou o acceso ás instalacións e tamén se encargou de que dúas persoas da empresa ofreceran aos escolares as explicacións oportunas do funcionamento deste tipo de instalacións”.
Os nenos e nenas saíron do colexio Ponte de Xuvia sobre as 10.00 horas cara á zona de Xuvia, pasando polo muíño das Aceñas cara ao tanque de tormentas, para desfrutar dun percorrido previo polo tramo de ría e comprobar de primeira man os resultados da entrada en funcionamento do servizo de depuración. Divididos en dous grupos, asistiron á proxección dun vídeo explicativo do funcionamento dos tanques de tormentas e, a continuación, coñeceron a maquinaria propia destas instalacións, amosando un gran interese polo seu funcionamento.
Esta mesma actividade terá continuidade o vindeiro luns, día 12 de novembro, cando será o turno de 37 escolares de cuarto e quinto do colexio Jorge Juan e á mesma xa asistiron o pasado luns alumnas e alumnos do CEIP Piñeiros.
A estas saídas en bicicleta súmanse durante o curso outras propostas impulsadas a través do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. Para este trimestre do ano programáronse visitas ás instalacións do Punto Limpo –donde persoal da empresa Urbaser se encarga de explicar o funcionamento do servizo-; ao Museo da Policía Local –donde as explicacións as ofrecen os propios axentes- e ao Mosteiro do Couto –con Anabel Bello, doutora en historia e arquiveira municipal-. “No primeiro trimestre do curso escolar participarán nestas actividades, que se programan en horario lectivo fóra das aulas, un total de 682 alumnas e alumnos dos colexios da Solaina, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, A Gándara, Piñeiros, Ayala, Ponte de Xuvia, Jorge Juan, o CRA do Val e o CPI do Feal”, tal e como apuntou o edil de Servizos.
“De cara ao segundo trimestre do curso programaranse novas visitas a instalacións localizadas no municipio, co fin de que os rapaces e rapazas de Narón coñezan os servizos da súa cidade e tamén parte da súa riqueza natural e patrimonial”, avanzou Santalla.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal