Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA CATORCE CONSELLOS TERRITORIAIS ENTRE OS MESES DE NOVEMBRO E DECEMBRO
As xuntanzas terán lugar nos locais sociais de cada barrio e parroquia en horario de tarde, tal e como indicou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 3 de novembro de 2018. O Concello de Narón retomará o vindeiro luns, día 5, os Consellos Territoriais nas parroquias e barrios da cidade. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, explicou que estas reunións, encamiñadas a fomentar a participación activa das veciñas e veciños de Narón no traballo que se desenvolve desde a administración local, rematarán no mes de decembro. “Programamos un novo calendario de xuntanzas para que, unha vez máis, sexan as propias veciñas e vecinos de cada parroquia os que nos trasladen de primeira man a visión que teñen das mesmas e analizala conxuntamente, tomando tamén nota os representantes do goberno local nestes Consellos Territoriais de calquera demanda que nos plantexen”, explicou a edil responsable da área, Catalina García. Así mesmo, a concelleira avanzou que se lles explicarán en cada caso algunhas das actuacións máis inmediatas a desenvolver en cada núcleo da zona urbana e rural. O día 5 de novembro terá lugar o Consello Territorial de Freixeiro, se ben as reunións continuarán o 6 no Val e o 7 na Gándara, nos respectivos locais sociais e nos tres casos a partir das 19.30 horas. Esa mesma semana o calendario previsto pecharase o xoves día 8 no Alto do Castiñeiro, cunha xuntanza que dará comezo ás 20.00 horas. A parroquia de Castro, o día 12, a de San Mateo, o 13 e a do Couto, o 14, acollerán as reunión programadas na seguinte semana, tamén a partir das 19.30 horas, e continuarase –a esa mesma hora e no mes de novembro- nas parroquias de San Xiao, o día 19; Santa Icía, o 20; Piñeiros, o 21; Sedes, o 22, e Pedroso o día 27. No mes de decembro celebraranse os dous últimos Consellos Territoriais deste ano, concretamente o día 3 na parroquia de Doso, ás 20.30 horas, e o día 10 en Xuvia, ás 19.30. A concelleira de Participación Cidadá asegurou que “nos Consellos Territoriais que celebramos con anterioridade os resultados foron moi positivos, permitindo unha relación máis directa entre a veciñanza da cidade e os representantes da corporación local”. Por esta razón, García animou ás naronesas e naroneses a acudir ás xuntanzas que se convocaron nos seus barrios e parroquias “co fin de continuar avanzando e construíndo entre todas e todos unha cidade cun futuro cada día mellor”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal