Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO NON ESTARÁ MAÑÁ OPERATIVO DEBIDO Á FESTIVIDADE DE SAN MARTÍN DE PORRES
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, indicou que se reforza o servizo hoxe e o mércores e solicitou desculpas polas posibles molestias
Narón, 5 de novembro de 2018. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que, un ano máis, con motivo da celebración da festividade de San Martín de Porres, non haberá servizo de recollida de lixo na xornada de mañá pola mañá e pola noite. O edil explicou que o peche da planta de transferencia de Sogama no polígono de Río do Pozo con motivo desa festividade levará á empresa Urbaser, concesionaria do servizo no municipio, a retomarlo o vindeiro mércores 7. Santalla explicou ademais que, en previsión deste parón no servizo xa se reforzaron os servizos durante a xornada de hoxe e tamén se fará o vindeiro mércores, e solicitou á cidadanía desculpas polas posibles molestias que se poidan ocasionar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal