Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A SEXTA EDICIÓN DO SALÓN DE CERIMONIAS FIRST WEDDING SHOW
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A SEXTA EDICIÓN DO SALÓN DE CERIMONIAS FIRST WEDDING SHOW
A edil de Feiras, Mar Gómez, anunciou que participarán un total de trinta e cinco empresas vencelladas á celebración de eventos e recordou que a entrada é de balde
Narón, 5 de novembro de 2018. Un total de trinta e cinco expositores de diversos sectores daranse cita esta fin de semana, o sábado 10 e o domingo 11, na sexta edición do Salón de Cerimonias First Wedding Show organizado polo Concello de Narón. A concelleira de Feiras, Mar Gómez, presentou esta mañá o evento, e animou ás veciñas e veciños de Narón e doutros municipios ao mesmo, con entrada de balde e que se desenvolverá en horario de mañá e tarde.
Os diferentes expositores permanecerán abertos ao público o sábado de 12.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 e o domingo de 11.30 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas, tal e como indicou Gómez. As persoas que se acheguen ata o Pavillón Campo da Serra terán a oportunidade de atopar nos diferentes stands as últimas novidades en canto á moda feminina e masculina, calzado, decoración, música, fotografía, animación infantil, arte floral, repostería… e todo o necesario para a celebración de vodas, comuñóns ou outro tipo de eventos, según avanzou a edil naronesa. Así mesmo, tanto o sábado como o domingo, explicou, programáronse desfiles de roupa de comuñón, arras e festa (madriñas) –a partir das 17.00 horas, e de noivos, noivas, festa (modelos) e ramos de noiva –ás 18.30-. A maiores, ofreceranse descontos e tamén se realizarán o domingo (tralo último desfile) sorteos de agasallos –a cargo dalgúns dos establecementos participantes- valorados en total en 2.000 euros.
Entre os expositores participantes nesta edición do Salón de Cerimonias hai varios de Narón, pero tamén doutros concellos como Ferrol, Fene, Neda, Pontedeume, A Coruña e Pontevedra. Mar Gómez asegurou que “este evento está xa moi consolidado na nosa cidade e é recoñecido dentro e fóra de Narón, ao ofrecer a posibilidade de coñecer de primeira man as últimas novidades para a organización de diversos tipos de celebracións”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal