Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMPAÑÍA DE VÍCTOR ULLATE PROTAGONIZARÁ O VINDEIRO SÁBADO NO PAZO O ESPECTÁCULO DE BALLET CARMEN
A COMPAÑÍA DE VÍCTOR ULLATE PROTAGONIZARÁ O VINDEIRO SÁBADO NO PAZO O ESPECTÁCULO DE BALLET CARMEN
O espectáculo comezará ás 20.00 horas e aínda poden adquirirse entradas na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura -www.padroadodecultura.es-.
Narón, 5 de novembro de 2018. O bailarín, coreógrafo e director de espectáculos de danza Víctor Ullate traerá o vindeiro sábado, día 10, ao Pazo da Cultura o espectáculo de ballet Carmen, a partir das 20.00 horas. Martina Giuffrida e Cristian Oliveri daranlle vida á protagonista desta proposta e tamén a Don José, nunha versión de Carmen que espertará o interese do público asistente. As entradas, á venda na billeteira do Pazo da Cultura e na páxina web do Padroado da Cultura de Narón –www.padroadodecultura.es- teñen un prezo de 28 euros para o público xeral e de 19,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).
Esta nova proposta, tal e como indican desde a compañía de Víctor Ullate, alónxase dos tópicos e máis dun século despois da súa estrea, aposta por dar máis luz ao personaxe de Carmen a través dunha nova ollada que respecta a esencia da historia orixinal. Carmen é unha muller fatal, seductora, coqueta e apaixoada que se ve encorsetada na sociedade en que vive e quere fuxir. É unha muller con dobre vida, que durante o día loce o seu glamour e polas noites convírtese nunha scort, unha muller ávida de aventuras.
A inclusión do personaxe da morte como fío condutor e das amigas de Carmen, que a acompañan e aconsellan, son dúas das novidades deste espectáculo.
A compañía Víctor Ullate Ballet, fundada por Víctor Ullate, estrela internacional da danza, cumpre este ano o seu trixésimo aniversario.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal