Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PRESENTARÁ NO PAZO DA CULTURA O PROXECTO DE DINAMIZACIÓN DA ANGUÍA DO XUVIA
O CONCELLO PRESENTARÁ NO PAZO DA CULTURA O PROXECTO DE DINAMIZACIÓN DA ANGUÍA DO XUVIA
O edil de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, anunciou que a cita será o 8 de novembro a partir das 19.00 horas e convidou á veciñanza á asistir á mesma
Narón, 5 de novembro de 2018. O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, anunciou a próxima celebración, o vindeiro xoves día 8, do acto de presentación do proxecto Dinamización da anguía do Xuvia. A convocatoria, que será aberta á participación da cidadanía en xeral, terá lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura e dará comezo ás 19.00 horas.
Este proxecto xorde, tal e como recordou Gómez Fandiño, da presentación do Concello, a través do Club Narón Gastronómico, a unhas convocatorias impulsadas a través dos Grupos de Acción Local Pesqueira –con fondos autonómicos e europeos- no ano 2017. A iniciativa impulsada desde o equipo de goberno naronés para poñer en valor a anguía, que se pode capturar en tempada na ría de Xuvia, obtivo o respaldo preciso, que se traducíu nunha achega de preto de 43.000 euros a invertir durante o pasado ano e o actual exercicio. “A presentación á cidadanía do proxecto, na que se proxectará un vídeo no que se recolle parte do traballo de campo realizado sobre a anguía do Xuvia, será o final dunha parte deste proceso, no que desde o Concello queremos continuar avanzando a través de propostas xa consolidadas, como as Xornadas da anguía do Xuvia, cuxa segunda edición se celebrou o pasado mes de outubro”, apuntou o edil.
O acto deste xoves permitirá dar a coñecer en Narón este proxecto, “que vencella a riqueza da biodiversidade da nosa ría co sector hostaleiro”, apuntou o concelleiro, que agradeceu a colaboración tanto da Confraría de Pescadores de Barallobre como dos hostaleiros que respaldaron a convocatoria este ano e tamén na pasada edición as Xornadas da Anguía.
Gómez Fandiño recordou respecto ás accións levadas a cabo desde o Concello que se realizou ese traballo de campo sobre a anguía do Xuvia, creouse unha marca propia, cun material que se distribuíu entre os hostaleiros da cidade e realizáronse campañas de divulgación e tamén dous obradoiros a cargo do chef do Grupo Nove Roberto Filgueiras (do restaurante O Balado, en Boqueixón), e especializado en cociñar anguía.
O concelleiro naronés convidou á veciñanza a achegarse o xoves ao Pazo para coñecer o traballo realizado nestes dous anos e donde tamén se ofrecerá unha degustación dalgunhas receitas a base deste peixe.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal