Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SUSPENDE HOXE AS ACTIVIDADES MUNICIPAIS AO AIRE LIBRE DEBIDO A UNHA ALERTA LARANXA POR VENTO
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, solicitou á cidadanía que extreme as precaucións
Narón, 6 de novembro de 2018. O Concello de Narón suspenderá as actividades ao aire libre e pechará as instalacións municipais ao aire libre desde hoxe ás 12.00 horas ata as 00.00 horas de mañá día 7. Así o anunciou o concelleiro de Protección Civil e Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, tras recibir no Consistorio a comunicación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior de alerta laranxa por ventos que poderán alcanzar os cen quilómetros por hora no noroeste da provincia da Coruña. No referente ás instalacións temporais será o titular da preceptiva autorización municipal o encargado de adoitar as medidas de seguridade que sexan necesarias para evitar posibles accidentes. Así mesmo, tal e como indicou o edil, recomendase á cidadanía evitar as actividades no exterior –parques, xardíns…-, evitar na medida do posible desprazamentos e afastarse de zonas con árbores, paneis publicitarios ou outros obxectos susceptibles de desprazarse co vento. Retirar das fiestras, balcóns e tellados obxectos que poidan caer á rúa é outra das recomendacións que se realizaron, solicitando á cidadanía que extreme as precaucións debido a esta alerta laranxa por vento.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal