Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE DOSO ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO A RECREACIÓN DA ESFOLLA DO MAÍNZO
A pista polideportiva de Doso acollerá os actos do programa, que inclúen varias propostas dirixidas a todo tipo de públicos
Narón, 6 de novembro de 2018. A parroquia de Doso acollerá este sábado, día 10, a tradicional recreación da Esfolla, un evento organizado polo Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños A Naveira, de Doso. Os actos programados para a ocasión darán comezo sobre as 17.00 horas, coa chegada á pista polideportiva de Doso dos carros coas mazarocas de maínzo, que, procedentes do rueiro da Braña, serán recibidos con música, a cargo das Escolas e Grupos do Padroado da Cultura, que amenizarán a celebración durante a tarde. Tamén se poderá participar despois das 17.00 horas nos obradoiros de bonecos de maínzo e bolas de tixola (que se elaboran con fariña milla e auga), dúas propostas dirixidas a todo tipo de públicos. O debagado do maínzo dará comezo sobre as 18.00 horas, podendo participar nesta tarefa todas as persoas que o desexen. Baixo unha carpa instalada na pista polideportiva poderanse ver tamén os bonecos de maínzo que realizaron escolares naroneses nas aulas a través dunha iniciativa que cada ano convoca o Padroado da Cultura. Haberá ademais este ano dous certames, un de sobremesas, para o que será preciso inscribirse á chegada á pista polideportiva, presentando a proposta culinaria –con produtos de tempada- que consideren os participantes, e outro que terá lugar ao final da xornada, de debagado de maínzo, para o que non é preciso inscribirse e que se presenta como unha das novidades desta edición da Esfolla. Unha vez que se entreguen os premios do concurso de sobremesas, sobre as 19.00 horas, dará comezo o concerto do grupo de música folk Aliboria, do que forman parte músicos galegos dirixidos por Xosé Lois Romero. Desde a organización animan ás persoas que vaian asistir a que se vistan con prendas como as que se empregaban a comezos do século XX. Os homes con gorra, boina ou sombreiro, chaleque, e prendas de tecidos como lá, liño, ou paños e as mulleres con pano na cabeza, corpiño ou mantón, mandil e zocas ou un calzado similar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal