Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE A TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA OS MONICREQUES DE KUKAS
A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, recordou que a mostra, cunha escolma de espectáculos da compañía, poderá verse no Pazo ata o vindeiro 10 de decembro
Narón, 13 de novembro de 2018. O Pazo da Cultura acolle unha exposición cunha escolma de preto de medio cento de espectáculos estreados pola compañía teatral Os Monicreques de Kukas. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 10 de decembro –no horario de apertura do Pazo- e reflicte a traxectoria desta compañía, creada no ano 1979 por Marcelino de Santiago e Isabel Rei. A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, animou á cidadanía a desprazarse ao Pazo “para apreciar unha parte do intenso traballo que Os Monicreques de Kukas levan facendo a prol da cultura e tamén da nosa lingua”. A edil naronesa recordou que esta compañía actuou en numerosas ocasións na cidade, “donde puidemos desfrutar dos seus espectáculos, moi didácticos e ao tempo participativos, implicando ao público de diferentes idades e facéndoo protagonista das súas representacións”. Espada explicou que esta exposición forma parte da programación da XXXIV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón, iniciada o pasado mes de outubro na cidade e na que participan milleiros de escolares de Narón e comarca. Esta Mostra, organizada polo Padroado da Cultura de Narón, conta un ano máis coa colaboración da Deputación da Coruña e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal