Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON REPRESENTANTES DE TRES ENTIDADES
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON REPRESENTANTES DE TRES ENTIDADES
Marián Ferreiro rubricou os acordos co Patronato Concepción Arenal, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrol e a AVV Chafarís acompañada das edís de Promoción Social, Teresa Sabio, e de Acción Social, Catalina García
Narón, 15 de novembro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou tres convenios cos representantes doutras tantas entidades por un importe conxunto duns 9.000 euros. Os representantes do Patronato Concepción Arenal, Beatriz Dorrio, e da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, Teresa Gallo, acudiron ao acto de sinatura, no que tamén estivo presente a concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio.
Estas dúas entidades comprometéronse a colaborar co Concello no marco deste acordo. No caso do Patronato Concepción Arenal, ofreceranse servizos de atención psicolóxica, social e xurídica ás persoas que se deriven aos mesmos, e no da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol ofrécense ao Consistorio os servizos de intérprete de lingua de signos durante unhas horas determinadas para actos municipais. En ambos casos as representantes das entidades agradeceron a aportación do Concello.
O terceiro convenio asinado, en presencia da edil de Acción Social, Catalina García, foi con Manuel García, representante da Asociación de Veciños Chafarís, tamén de carácter económico e para impulsar a realización de actividades conxuntas. A alcaldesa falou con García sobre o local que o Concello adquiriu recentemente para a citada entidade veciñal, unha actuación valorada desde a AVV.
Ferreiro agradeceu o traballo que realizan estas tres entidades ao longo do ano, destacando o feito de que sen o respaldo das mesmas non sería posible levar a cabo moitas das iniciativas que se impulsan na cidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal