Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E A EDIL DE TURISMO ENTREGARON OS PREMIOS DO "IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
Adrián Fontela Loureda obtivo o primeiro premio do certame, se ben o segundo recaeu en Rafael Saura Rodríguez e o terceiro en Marcos López Alonso
Narón, 16 de novembro de 2018. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, entregaron no Concello os tres premios da novena edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón. O ferrolán Adrián Fontela Loureda foi o gañador do certame, coa súa imaxe “Concentricación”, premiada con 750 euros, mentres que o segundo, dotado con 300 recaeu no naronés Rafael Saura Rodríguez, con “A Pena Molexa e as estrelas”, e o terceiro, de 150 euros, no tamén ferrolán Marcos López Alonso, por “Terra de Cultura”. Ferreiro e Hermida felicitaron aos premiados nesta edición do concurso e agradeceron a súa participación, así a como a dos vinte e un autores das restantes fotografías presentadas, un total de 149. “Este concurso representa unha moi boa oportunidade para dar a coñecer, a través da fotografía, varios espazos, edificios e tamén actividades que se desenvolven na nosa cidade ao longo do ano, poñendo en valor a nosa historia e tamén a nosa cultura, as festas, o patrimonio e o deporte”, subliñou a alcaldesa. No transcurso do acto de entrega duns cheques simbólicos os tres autores das fotografías mellor valoradas polo xurado –do que formaron parte catro fotógrafos profesionais- recibiron ademáis os primeiros exemplares dos calendarios de sobremesa editados polo Concello de Narón para o ano 2019. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, indicou que se poderán recoller no Punto de Información do Concello –na entrada principal- a partir do xoves 22 de novembro. Este calendario está ilustrado coas tres fotografías gañadoras desta edición do certame e as outras nove que recibiron a puntuación máis alta, tal e como recordou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida. A edil naronesa destacou o potencial turístico da cidade e avanzou que desde o goberno local se continuará apostando por “promover distintos traballos e iniciativas para contribuír á súa difusión”. Os participantes neste certame presentaron as fotografías entre o 17 de setembro e o 28 do mesmo mes e un dos requisitos esixidos foi que a través das mesmas se reflectise a riqueza de Narón en diferentes áreas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal