Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO INICIA A CAMPAÑA DE RECOLLIDA E SOLICITUDE DE XOGUETES ORGANIZADA CO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
O CONCELLO INICIA A CAMPAÑA DE RECOLLIDA E SOLICITUDE DE XOGUETES ORGANIZADA CO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
As concelleiras de Acción Social e Ensino, Catalina García e Mercedes Taibo, animaron ás veciñas e veciños que poidan a colaborar nesta iniciativa para que ningún neno ou nena se quede sen xoguetes
Narón, 19 de novembro de 2018. As concelleiras de Acción Social, Catalina García, e de Ensino, Mercedes Taibo, presentaron esta mañá a Campaña de recollida e solicitude de xoguetes organizada polo Concello de Narón en colaboración co Centro de Recursos Solidarios de Narón. As persoas que queiran participar doando algún xoguete para os usuarios e usuarias do Centro de Recursos Solidarios de Narón poderán facelo desde hoxe ata o vindeiro 18 de decembro, entregándoos en varios puntos da zona urbana, tal e como indicaron as edís.
A Biblioteca municipal, as Escolas Infantís Municipais (A Solaina, A Gándara e Piñeiros), os centros de ensino da cidade, a Academia September (Estrada de Castela, 833), Calzados Mara (Avenida Souto Vizoso, 3); o Centro Comercial Narón, o Parque infantil Burbujas (r/Cataluña, 23-25) e o propio Centro de Recursos Solidarios de Narón, (na avenida Gonzalo Navarro, no polígono de Río do Pozo) son os que ata o momento confirmaron a súa participación á hora de facilitar a recollida dos xoguetes.
A edil de Acción Social explicou que as persoas que soliciten eses xoguetes deberán facelo entre hoxe e o 21 de decembro, presentando unha solicitude no Rexistro municipal xunto á que deben adxuntar unha documentación (fotocopia do DNI do solicitante e do da persoa que recollerá os xoguetes se non é a mesma; outra do libro de familia e xustificación das prestacións recibidas). No caso no que o expediente estea no Servizo Sociocomunitario non é preciso entregar esa documentación, tal e como apuntou García.
Desde o Concello de Narón recoméndase seguir unha serie de criterios á hora de doar os xoguetes. Sobre os mesmos incidiu a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que solicitou que non se entreguen rotos ou avariados, que no caso de ser posible estean nas caixas orixinais e coas instrucción e tamén con pilas e, no caso de ser peluches ou bonecos, lavalos previamente. A entrega dos xoguetes ás familias terá lugar o día 4 de xaneiro na nave do Centro de Recursos Solidarios de Narón.
Para colaborar coa campaña a modo de voluntario/a pódese contactar co correo electrónico da entidade: crsnaron@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 634 555 663. Así mesmo, pódense realizar aportacións económicas na conta da citada asociación: ES96 01822728920201560511 do BBVA.
As edís naronesas animaron ás familias da cidade que poidan doalos a facelo, “para que ningún neno e nena quede sen xoguetes este Nadal, doándoos no mellor estado posible”. Así mesmo, poderase colaborar co Centro de Recursos Solidarios na selección de xoguetes por idades e para envolvelos antes de entregalos ás familias.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal