Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNS 350 ESCOLARES DO COLEXIO DA SOLAINA PARTICIPAN NO PROGRAMA CAMIÑO ESCOLAR SEGURO
UNS 350 ESCOLARES DO COLEXIO DA SOLAINA PARTICIPAN NO PROGRAMA CAMIÑO ESCOLAR SEGURO
Os concelleiros de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, e Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse hoxe ao cento con motivo do inicio do programa
Narón, 19 de novembro de 2018. O programa Camiño Escolar Seguro iniciouse esta mañá no colexio da Solaina. Os edís de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, e Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse ata o citado centro educativo da cidade minutos antes do inicio das clases para comprobar o funcionamento do programa neste centro no primeiro día. “Unha vez máis atopámonos con que esta iniciativa funciona cun rotundo éxito entre o alumnado, que nada máis chegar ao centro realiza o check point nos puntos habilitados, no caso da Solaina tres, un en cada unha das entradas do colexio”, explicou Sánchez Fojo.
Do total dos 463 alumnos e alumnas do citado centro, 390 están xa anotados neste programa, o que supón que adquiriron o compromiso de acudir a pé, en bicicleta ou en patinete ao colexio polas rutas escolares deseñadas polo equipo de Educación Viaria do Concello, nesta ocasión en colaboración con persoal da Asociación ASCM, tal e como apuntaron os edís. As pegadas marcan o camiño ao centro desde a estrada de Castela, desde a zona de Santa Icía e tamén polas inmediacións da Pista Verde da Solaina, podendo elixir o alumnado a que mellor se adecúe ás súas necesidades en función do domicilio.
O programa Camiño Escolar Seguro funciona xa nos colexios Ponte de Xuvia, Piñeiros e Jorge Juan, donde obtivo tamén unha moi boa resposta entre a comunidade escolar, tal e como recordaban hoxe os representantes da corporación local. “O obxectivo deste programa é fomentar a autonomía dos nenos e nenas de Primaria para ir ao colexio, garantindo a súa seguridade e mantendo informados puntualmente aos pais e nais do momento no que acceden ao recinto a través dunha mensaxe ao seu teléfono móbil”, recordou Taibo. O premio final son os agasallos que poderán canxear polas “pegadas” do check point unha vez acumulen os puntos solicitados en función dos mesmos, doados por establecementos comerciais da cidade e tamén polo propio Concello.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal