Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS OBRADOIROS DO PROGRAMA MUNICIPAL PRAZAS VIVAS IMPARTIRANSE ESTA FIN DE SEMANA NAS PRAZAS DE GALICIA E DA GÁNDARA
A concelleira de Acción Social e Participación Cidadá, Catalina García, explicou que se trata de propostas dirixidas a todo tipo de públicos
Narón, 21 de novembro de 2018. O programa Prazas Vivas contempla este ano un total de nove actividades en distintos puntos da zona urbana e rural da cidade. Trátase de propostas de balde, abertas á participación da cidadanía en xeral e que se concentran nas fins de semana, tal e como indicou a concelleira de Acción Social e Participación Cidadá, Catalina García. As primeiras sesións tiveron lugar no parque do paseo marítimo de Xuvia e no Centro Cívico Social do Val, se ben terán continuidade o vindeiro venres, día 23, na Praza de Galicia e o sábado día 24 na Praza da Gándara, en ambos casos de 16.30 a 18.30 horas. “Quero animar ás veciñas e veciños de Narón, independentemente da súa idade, a participar neste programa comunitario, que ademáis de entreter e divertir fomenta valores como a cooperación, a solidariedade, o traballo en equipo, e a igualdade, ao tempo que impulsa propostas interxeracionais”, apuntou García. No tempo en que se celebra a actividade os asistentes participan en actividades de grafite, circo e puzles xigantes, elaboración de chapas, circuíto de radiocontrol, deslizamento, xincana deportiva, globoflexia ou pintacaras. Un ano máis tamén a través deste programa poderase comezar a deseñar a decoración de carrozas que, da zona urbana e rural, participarán no desfile da Cabalgata Solidaria do Concello que terá lugar en xaneiro. A vindeira semana retomarase a programación o día 1 de decembro, nas instalacións da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, en Pedroso –de 16.30 a 18.30- e o domingo día 2 na Solaina –de 12.00 a 14.00 horas-, na Praza da Constitución ou no pavillón Campo da Serra, en función das condicións meteorolóxicas. O día 8 de decembro será a cita no parque de Freixeiro, en Piñeiros –de 12.00 a 14.00- o 16 no Centro Cívico Social de San Xiao –de 12.00 a 14.00- e o 22 no pavillón de Sedes –de 16.30 a 18.30-.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal