Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO INICIA A CAMPAÑA "A TÚA VELLA BICI VALE UN SORRISO" DE RECOLLIDA DE BICICLETAS E PATINETES
O CONCELLO INICIA A CAMPAÑA
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, indicou que se poden entregar ata o 21 de decembro na Oficina de Educación Viaria do Concello e nos centros escolares da cidade
Narón, 27 de novembro de 2018. O Concello de Narón inicia un ano máis a campaña “A túa vella bici vale un sorriso”, de recollida de bicicletas que se doarán a persoas con escasos recursos. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, indicou que as persoas que queiran colaborar poden doar as bicicletas –tamén estáticas- e, este ano como novidade patinetes, ata o vindeiro 21 de decembro.
Os puntos de recollida das bicis e patinetes son a Oficina de Educación Viaria do Concello de Narón –na entrada principal- e calquera dos colexios do termo municipal. “O que si solicitamos a aquelas persoas que participen é que entreguen tanto as bicicletas como os patinetes no mellor estado de conservación posible”, apuntou o edil, que explicou que “o equipo de Educación Viaria e algúns voluntarios encargaranse igual que en anos anteriores de reparar aquelas que se entreguen con algún desperfecto”.
As bicis e os patinetes doados entregaranse a familias con escasos recursos económicos, a través do Centro de Recursos Solidarios de Narón e tamén de Cáritas. “Ás unidades que non se entreguen de cara á campaña de Nadal, no caso de que non se esgoten, trataremos de darlles saída nos centros escolares, para que as utilicen os docentes e tamén os nenos e nenas, en función do modelo”, apuntou Sánchez Fojo.
O edil naronés animou ás familias de Narón ou doutros concellos a participar na campaña “A túa vella bici vale un sorriso”, co fin de “que tanto as bicicletas como os patinetes que xa non utilizan nas súas casas poidan ter unha segunda vida ao entregarllas a persoas que non poden compralas” e destacou que con iniciativas como esta “pódese colaborar nunha nova campaña solidaria impulsada desde o Concello de Narón”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal