Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
AS FUNCIÓNS DA XXXIV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL REPRESÉNTANSE NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS E NO CPR SANTIAGO APÓSTOL
AS FUNCIÓNS DA XXXIV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL REPRESÉNTANSE NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS E NO CPR SANTIAGO APÓSTOL
Menores de 0 a 3 años, unos 250 en total, asisten esta semana a la representación de la obra La Granja, de la compañía Teloncillo
Narón, 29 de novembro de 2018. A compañía Teloncillo desprázase esta semana as escolas infantís municipais e á unidade de Infantil do CPR Santiago Apóstol para interpretar a obra teatral La granja. As representacións, que o pasado mércores tiveron lugar na escola infantil de Piñeiros, onte na da Solaina e hoxe na da Gándara, enmárcanse na XXXIV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil impulsada desde o Padroado da Cultura de Narón, tal e como recordou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada. Na xornada de mañá rematarán as representacións coa prevista na unidade de Infantil do Santiago Apóstol, a partir das 10.00 horas.
Os nenos e nenas de 0 a 3 anos, uns 250 en total nos catro centros, asisten á representación de La Granja, un espectáculo que permite simular a vida dun día nunha granxa, cos animais, produtos do campo e todo o necesario para ambientar a obra, cargada de música en directo, poesía, silencio, maxia e moitas sorpresas. Maruja a granxeira é a protagonista desta obra, na que tamén participan personaxes como unha loba, unha ovella, porquiños e outros animais. La Granja é o sétimo espectáculo da compañía vallisoletana Teloncillo (Premio Nacional de Artes Escénicas para a infancia e xuventude 2013) para o público infantil (primeira infancia) e obtivo o premio ao Mellor Espectáculo para a Primeira Infancia Fetén 2018.
O Pazo da Cultura, o Auditorio municipal e as escolas infantís municipais, xunto co colexio Santiago Apóstol acollen as representacións desta trixésimo cuarta edición da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Os espectáculos desta Mostra comezaron o pasado mes de outubro e rematarán esta semana co alumnado de Infantil. Escolares de centros de ensino de Narón e doutros concellos da comarca (Ferrol, Fene, Neda, Narón, San Sadurniño, Pontedeume, Ares, Mugardos e Valdoviño) asistiron ás representacións convocadas no Pazo ou no Auditorio.
A Mostra incluíu unha exposición sobre a traxectoria da compañía Os Monicreques de Kukas, que aínda se pode ver ata o día 10 de decembro na entrada do Pazo da Cultura, no seu horario de apertura habitual. A maiores, no marco desta XXXIV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil celebrouse o pasado luns unha mesa de traballo, á que asistiron uns 150 alumnos e alumnas da Escola de Teatro de Narón e na que a actriz canaria Marta Viera e o director de escena Mario Vega abordaron co colectivo como construír un personaxe e o modo de estruturar unha dirección artística.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal