Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL NO PLENO PARA INSTAR Á DEPUTACIÓN A AXILIZAR AS OBRAS DA SENDA PEONIL DE SAN XIAO E RETOMAR O PROXECTO DE AMPLIACIÓN DA DP-5401
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL NO PLENO PARA INSTAR Á DEPUTACIÓN A AXILIZAR AS OBRAS DA SENDA PEONIL DE SAN XIAO E RETOMAR O PROXECTO DE AMPLIACIÓN DA DP-5401
Ao remate da sesión aprobouse definitivamente o expediente de modificación de créditos por importe de 2,7 millóns de euros, tras desestimarse en base aos informes de Intervención unha alegación presentada
Narón, 29 de novembro de 2018. A corporación local de Narón acordou instar á Deputación da Coruña a axilizar as obras da senda peonil da DP-5401, estrada de San Xiao, para que estean rematadas á maior brevidade posible. O acordo adoptouse no marco dunha moción presentada polos grupos municipais de TEGA, PSdeG-PSOE, BNG, PP e EU e á que se sumou ENE, co que finalmente se abordou como declaración institucional. Na mesma ínstase tamén á administración provincial a retomar o proxecto de ampliación do citado vial coas modificacións que sexan precisas, comprometéndose o Concello a nomear a un técnico municipal para realizar tarefas de control e seguemento dos traballos. A alcaldesa, Marián Ferreiro, valorou o feito de que todos os grupos respaldasen o documento, apoiando as reivindicacións, subliñou, realizadas polos veciños e as veciñas de San Xiao.
O proxecto de reforma desta estrada de titularidade provincial aprobouse no ano 2004, se ben tan só se executou o tramo final, próximo á estrada de Cedeira. Dez anos máis tarde, en 2014, a instancias da veciñanza da zona e do propio Concello a Deputación realizou un novo proxecto para dotar á DP-5401 dunha senda peonil, que se modificou no ano 2016 e co obxectivo de garantir a seguridade viaria de peóns e vehículos que transiten pola zona. Os traballos comezaron a executarse hai algo máis dun ano pero, tal e como denuncia o Concello, están practicamente parados.
Así mesmo, aprobouse por unanimidade a vontade de adhesión do Concello á Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega e a aprobación da súa proposta de estatutos, en cuxo borrador se recolle que á administración local, en base á súa poboación, correspóndelle abonar unha cota ordinaria de 5.000 euros.
No ámbito cultural tamén quedou aprobada por unanimidade a proposta de adhesión á Declaración de compromiso dos gobernos locais coa Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible na súa acción cultural. A defensa dos valores dos obxectivos de desenvolvemento sostible enunciados na citada Axenda, adoptalos e contribuír á súa consecución son parte dos compromisos adquiridos no pleno desta tarde.
Na orde do día incluíuse unha declaración institucional relativa ao 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na que se acordou que o Goberno impulse medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero nos diferentes ámbitos –educativo, social, económico…- e tamén a vontade de sumarse desde a administración local a prol da erradicación da violencia machista e demandar á Xunta a creación dunha Unidade de Violencia Machista específica, entre outros acordos encamiñados a erradicar esta lacra social.
Aprobáronse tamén no pleno unha modificación do expediente do contrato de axuda no fogar e un anexo do convenio coa Xunta, Augas de Galicia, o Concello de Narón e a Sociedade Estatal de Aguas de las Cuencas de España SA para a execución e explotación das obras do interceptor xeral da marxe dereita da ría de Ferrol: tramo Cadaval-Neda.
No apartado de mocións saíu tamén adiante unha presentada a instancias do tripartito –TEGA, PSOE e BNG- que respaldou o Grupo Mixto (EU e ENE), solicitando á Xunta a incorporación de investimentos en Narón nos orzamentos autonómicos de 2019. Entre as peticións formuladas figuran un centro integral de atención ás persoas maiores; un plan de investimentos en melloras nos centros de ensino públicos; un Centro Integrado de Formación Profesional e a renovación de beirarrúas na estrada de Cedeira, en ambos marxes do primeiro quilómetro da AC-566.
A corporación respaldou outra declaración institucional –que inicialmente se presentou como moción do tripartito naronés- instando á Xunta e á Deputación a asinar un convenio para a implantación de semente produtiva na ría de Ferrol –por un importe non inferior a 70.000 euros cada unha destas administracións- e ao Ministerio de Fomento e demais organismos responsables para a substitución das escolleiras da Ponte das Pías por pilares para a normal circulación das augas.
Noutra moción presentada por TEGA, PSOE e BNG co Grupo Mixto (EU e ENE) apoiáronse as reivindicacións dos traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) do Servizo Galego de Saúde, amosando a súa solidariedade co colectivo e instando á Consellería de Sanidade a negociar cos traballadores e traballadoras da sanidade pública as demandas laborais e asistenciais que presentaron no seu día.
O Grupo Mixto (EU) presentou unha moción, que tamén se aprobou, para derogar o delito de inxurias á Coroa e para reafirmar o compromiso cos valores republicanos e a democracia.
Finalmente desestimáronse as reclamacións presentadas por ENE contra o acordo de aprobación inicial do expediente de modificación de créditos por importe de 2,7 millóns de euros, quedando aprobado definitivamente. Un informe de Intervención considera que a reclamación presentada pode ser desestimada.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal