Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AS CONCELLEIRAS DE ACCIÓN SOCIAL E PROMOCIÓN SOCIAL VISITARON A SALVADOR RODEIRO SECO CON MOTIVO DO SEU CENTENARIO
AS CONCELLEIRAS DE ACCIÓN SOCIAL E PROMOCIÓN SOCIAL VISITARON A SALVADOR RODEIRO SECO CON MOTIVO DO SEU CENTENARIO
O homenaxeado conversou animadamente coas edís naronesas, que lle entregaron como agasallo unha tarta e unhas plantas
Narón, 30 de novembro de 2018. As concelleiras de Acción Social e Promoción Social, Catalina García e Teresa Sabio, respectivamente, desprazáronse ao barrio da Solaina, en Santa Icía, para homenaxear a un veciño, Salvador Rodeiro Seco, que o pasado día 16 cumpriu cen anos. Aínda que natural de Maniños (Fene), reside en Narón desde o ano 2007.
Casado con Eva Villamil Barreiro, que cumprirá 90 anos o 4 de decembro e con quen convive, tiveron dúas fillas, María de la Asunción e Eva María, e teñen tres netos. Salvador recorda os tempos duros da Guerra, cando estaba a piques de alcanzar a maioría de idade e asegura que nesta vida “fixen de todo”. Extraballador da Fábrica de Lápices de Ferrol, decantouse finalmente pola ebanistería, exercendo como un moi bo carpinteiro xunto cun irmán seu nun taller de Fene.
As concelleiras naronesas felicitaron a Salvador Rodeiro con motivo do seu centenario e entregáronlle unhas plantas como agasallo e tamén unha tarta, na que soprou novamente as velas do seu centenario. O homenaxeado conversou animadamente coas edís xunto á súa muller e a súa filla Eva María e agradeceulles a visita e tamén os agasallos. Pola súa banda, García e Sabio tamén lle agradeceron a acollida e desexáronlle que continúe cumprindo anos con tanto ánimo e saúde como ata agora.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal