Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ANIMA A COMERCIANTES E ARTESÁNS A VENDER OS SEUS PRODUTOS NALGUNHA DAS CASETAS DO MERCADO DE NADAL
Seleccionaranse un total de sete propostas para que se instalen nos postos que se habilitarán no Nadal na Praza de Galicia
Narón, 6 de decembro de 2018. O Concello de Narón colabora un ano máis coa Asociación de Comerciantes de Narón na campaña de Nadal, nesta ocasión, poñendo en marcha unha iniciativa que aposta por fomentar as vendas durante esta época do ano. O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, explicou que con motivo da celebración do Mercado de Nadal, entre o 21 de decembro e o 4 de xaneiro, instalaranse unhas casetas de madeira na Praza de Galicia para a venda de produtos das que un total de sete se reservarán para comercios ou artesáns profesionais que dispoñan de produción propia dabondo para vender durante esas dúas semanas que durará o Mercado de Nadal. Gómez Fandiño indicou que as persoas interesadas en participar, de balde, deben adxuntar unha mostra fotográfica ou unha ligazón na que amosen o seu traballo ao correo electrónico: mercadodenadalnaron@gmail.com ou ao número de teléfono 679 946 957. “Seleccionaranse un total de sete comercios ou artesáns e no proceso valorarase a calidade e o deseño tanto do produto que elaboran como do espazo que utilicen para as vendas, así como a súa relación coa tempada do Nadal”, apuntou o edil. As casetas terán unhas dimensións de tres metros de longo por dous de ancho, disporán de seguridade nocturna e poderán abrir ao público polas tardes, de 16.30 a 21.30 horas. “Desde o Concello tratamos de ofrecer unha nova proposta ao comercio local, que nesta cidade dispón dunha gran variedade de produtos de calidade e que poderá dispoñer destes espazos, sete en total debido á disposición do Mercado e á instalación doutras propostas e elementos navideños na praza de Galicia durante estas datas”, indicou Gómez Fandiño. Desde o Concello de Narón xa se contactou coa Asociación de Comerciantes de Narón –coa que se organizan conxuntamente outras actividades durante o Nadal¬- para que informe aos seus socios, se ben a proposta está tamén aberta a calquera outro comerciante ou artesán que estea interesado en participar. O Mercado de Nadal compaxinarase cunha completa programación cultural e de ocio dirixida ás familias e que tamén desde a Praza de Galicia contribuirá a dinamizar a venda nos establecementos da cidade, tal e como apuntou Gómez Fandiño. O concelleiro de Promoción Económica animou aos comercios e artesáns a participar nesta proposta para, subliñou “amosar a veciños e visitantes a excelente oferta comercial e artesán do noso municipio”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal