Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO AMPLÍA A OFERTA DE LECER E DEPORTE EN XUVIA CUNHA TIROLINA E UNHA PISTA MULTIDEPORTE
O CONCELLO AMPLÍA A OFERTA DE LECER E DEPORTE EN XUVIA CUNHA TIROLINA E UNHA PISTA MULTIDEPORTE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que estas dúas novas instalacións suporán un investimento conxunto no barrio duns 54.000 euros
Narón, 8 de decembro de 2018. O goberno local de Narón continúa ampliando a oferta deportiva e de ocio na cidade. Desde hai uns días xa se pode utilizar a nova tirolina instalada no paseo marítimo de Xuvia, nas inmediacións do parque infantil, e así o constataron a alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Servizos, Ibán Santalla, e Obras, Pablo Mauriz, que se desprazaron hai uns días ata a zona. A tirolina supuxo ás arcas locais un investimento de 12.000 euros e ten unha lonxitude de vinte metros, tal e como apuntou a rexedora local, que incidiu en que “reforzará o variado equipamento co que conta na actualidade o paseo marítimo de Xuvia, con elementos para o lecer e práctica de deporte dirixidos a persoas de tódalas idades, o que o convirte nun parque multiactividades nesta ampla zona verde da cidade”.
O edil de Servizos explicou que a tirolina “ten unha lonxitude de vinte metros e está pensada para que a utilicen nenas e nenos de entre 4 e 12 anos, sendo estas as idades para as que está deseñada o modelo instalado”.
A maiores da nova tirolina, o paseo de Xuvia contará o vindeiro ano cunha pista multideporte, instalacións coas que xa contan na actualidade os barrios do Alto e A Gándara, nas que o Concello investiu unha partida conxunta de 60.000 euros. Ferreiro avanzou que as instalacións, cuxa construción se licitará en breve, “contan cun orzamento de case 42.000 euros e permitirán completar a oferta de áreas deportivas da nosa cidade, concretamente na zona de Xuvia, donde tamén hai un Circuíto Vita, e un parque biosaudable, ademáis dunha zona de xogo infantil”.
A cancha multideporte de Xuvia terá unhas dimensións de 20x10 metros, dúas porterías grandes e catro de menor tamaño, canastas e dous postes centrais para colocar unha rede para a práctica de determinados deportes, tal e como explicou Santalla. Neste tipo de instalacións, apuntou o concelleiro naronés, poden practicarse ata oito modalidades deportivas diferentes ao aire libre.
“Cun investimento de 54.000 euros no paseo de Xuvia completamos a oferta de lecer neste barrio da cidade, no que as veciñas e veciños poden xa utilizar a tirolina e, nos vindeiros meses, estrear a nova cancha multideporte”, subliñou Marián Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal