Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS CÓMICOS ISABEL RISCO, FRAN REI E PEDRO BRANDARIZ REPRESENTARÁN NO PAZO A OBRA "FALAR SEN CANCELAS"
OS CÓMICOS ISABEL RISCO, FRAN REI E PEDRO BRANDARIZ REPRESENTARÁN NO PAZO A OBRA
A convocatoria será a partir das 20.30 horas o 13 de decembro, tal e como recordou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada
Narón, 12 de decembro de 2018. Os actores Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz subiranse o 13 de decembro ao escenario do Pazo da Cultura para representar a comedia teatral Falar sen cancelas, de Culturactiva. Este espectáculo, que integra tamén o circo e o clown, comezará ás 20.30 horas e as últimas entradas dispoñibles poden adquirirse a un prezo de 9,50 para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) na billeteira do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.
Esta proposta de “humor galego apocalíptico” e “comedia pesimista”, tal e como o definiu a propia produtora, Culturactiva, dará mostra da compenetración sobre o escenario destes tres cómicos, que xa colaboraron noutros espectáculos. Un andazo que trata de acabar coa galeguidade centra a temática desta peza teatral, chegando a atacar aos tres humoristas ata impedirlles falar galego en público. Lonxe de quedar de brazos cruzados os actores realizarán unha serie de reflexións cómicas sobre a galeguidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal