Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A PARROQUIA DE SEDES ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO OS ACTOS DO PROGRAMA DA NOITE DA LUZ
A PARROQUIA DE SEDES ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO OS ACTOS DO PROGRAMA DA NOITE DA LUZ
A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, presentou a convocatoria e agradeceu a colaboración prestada pola Asociación de Veciños Rosa dos Ventos, de Sedes
Narón, 13 de decembro de 2018. O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños Rosa dos Ventos, de Sedes, organizaron un completo programa para celebrar este sábado, día 15, a Noite da Luz. A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, presentou esta mañá as diferentes propostas que se levarán a cabo nas instalacións da Feira do Trece e no Centro Cívico Social de Sedes, desculpando a ausencia na presentación dos representantes da entidade veciñal, que a última hora non puideron estar presentes. Espada animou á veciñanza a participar un ano máis nos actos desta festividade.
Coa Noite da Luz festéxase a chegada do solsticio de inverno, coincidindo cada 13 de decembro coa onomástica de Santa Lucía e tamén co día do ano con menos horas de luz. O sábado, explicou Espada, os asistentes reuniranse sobre as 18.15 horas nas inmediacións da capela de Santa Lucía, xunto á Feira do Trece, para saír a Comitiva da Luz –un grupo de xente portando candeas- ás 18.30 horas desde a capela ata o cumio do monte Esperón, unha andaina de aproximadamente un quilómetro e medio, tal e como indicou a edil de Cultura. Unha vez no monte Esperón procederase a prender a Roda da Luz, formada por trece fachos de grandes dimensións, (doce de catro metros e un de cinco metros de altura) elaborados polas veciñas e veciños da parroquia de Sedes, dispostos en forma de círculo e que representan a cada unha das parroquias de Narón. Os fachos poderanse ver desde diferentes puntos da cidade, ao acenderse no cumio do monte Esperón, tal e como indicou a edil.
A continuación a programación seguirá nas instalacións do Centro Cívico Social de Sedes, donde haberá unha Noite de teatro comunitario. Terán lugar dúas representacións teatrais, unha a cargo do Grupo de Teatro comunitario de Sedes, que representará a obra O camiño de Lihuen, e outra protagonizada polo Grupo de teatro da Fundación Terra de Trasancos, do Val, que representará O anel máxico. Os dous grupos teatrais forman parte dos obradoiros de adultos da Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón.
A celebración rematará coa degustación dun caldo comunitario, elaborado por veciñas e veciños da parroquia de Sedes.
“Coa Noite da Luz renovamos o compromiso do Padroado da Cultura do Concello de Narón e a AVV Rosa dos Ventos de Sedes para protexer e defender o noso patrimonio cultural e a súa posta en valor”, subliñou Espada. Finalmente, a edil incidiu na “colaboración inestimable da AVV Rosa dos Ventos, que é imprescindible para que poidamos continuar nesta liña, polo que queremos agradecer publicamente o traballo das veciñas e veciños que se implican cada ano co Concello na organización deste evento”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal