Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN PRESÉNTASE NO CONCELLO
A súa Xunta Directiva estivo acompañada por Ángeles Díaz, a quen definiu como a artífice do seu nacemento.
A Asociación de Comerciantes de Narón comezou a súa andaina coa súa presentación nunha rolda de prensa que tivo lugar onte no Concello. Cinco dos sete compoñentes da Xunta Directiva, entre eles o seu Presidente Ricardo Pereira e a súa Vicepresidenta, Lucía Sanesteban, estiveron presentes e acompañados pola Primeira Tenente de Alcaldía, comprometida dende o principio co nacemento desta asociación. A Asociación de Comerciantes de Narón nace cunha meta principal, dar a coñecer o comercio de Narón, non só os naroneses, senón aos posibles clientes de fora do municipio. Para iso o Concello está xa a traballar nunha guía sobre o comercio de Narón e na elaboración dun censo do mesmo. A asociación tamén ofrece vantaxes ós asociados, como condicións bancarias moi asequibles e participación en campañas que serían moi custosas a nivel particular, como as de Nadal ou a das rebaixas. Para Ángeles Díaz a asociación de comerciantes era unha carencia do municipio, que freaba os intereses do comercio naronés en xeral, ata o de agora “un gran descoñecido”. A Edila considera que son os propios comerciantes os que coñecen mellor as necesidades do seu sector e as actuacións precisas para solventalas. Asemade, afirmou que a economía de Narón basease en dous pilares: a industria e o pequeno comercio, este último fundamental para a economía diaria. Ángeles Díaz recordou tamén que xa desde moito atrás o Concello tratou de transmitir esta necesidade asociativa que tiña que ser levada a cabo polos propios comerciantes, e apoiou a iniciativa en todo momento. Tildando de “valentes” ós sete directivos da nova asociación, e abríndolles as portas do Concello para prestarlles toda a axuda posible. O Presidente da asociación, Ricardo Pereira, agradeceu esa man tendida do Concello e, en especial, o apoio que levan recibido en todo este tempo de Ángeles Díaz, a quen, segundo as súas verbas, a asociación débelle o seu nacemento. Ricardo Pereira manifestou a súa firme convicción de que o comercio naronés ten un enorme potencial, e unha grande calidade e personalidade. Ata o de agora a asociación conta con 70 integrantes, unha cifra exitosa tendo en conta que aínda non realizou actividades, e está nos seus primeiros pasos. E agardan alcanzar o centenar de asociados a finais de ano. A cuota é de 60 euros anuais. Os comerciantes están chamados a primeira convocatoria da Asociación o vindeiro día 12 de novembro, no Auditorio Municipal de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal