Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN OBRADOIRO DE EMPAQUETADO CREATIVO
A actividade levarase a cabo o día 18 de decembro nas instalacións da Biblioteca municipal do Alto
Narón, 14 de decembro de 2018. O Concello convoca un obradoiro de Empaquetado creativo, dirixido a público adulto, a partir de 16 anos. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que as persoas interesadas en asistir deberán anotarse previamente, podendo facelo na Biblioteca municipal do Alto do Castiñeiro, ben de xeito presencial ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. O obradoiro desenvolverase o vindeiro martes, día 18, a partir das 18.00 horas na Biblioteca e no mesmo os participantes terán a oportunidade de compartir técnicas e habilidades creativas para empaquetar agasallos de Nadal. Durante a actividade proxectaranse uns vídeos nos que se amosarán algúns exemplos de empaquetado, aínda cada participante terá liberdade para realizar esta labor cos elementos que traía da súa casa ou os que se aportarán desde a Biblioteca (papel, lazos, gomas…). Os asistentes terán que levar os agasallos que queiran envolver, tal e como indicou a edil naronesa, que animou ás veciñas e veciños “a aproveitar esta actividade, convocada de balde, para aprender novas técnicas de empaquetado de agasallos de Nadal pero que de seguro lles serán tamén moi útiles noutras datas e donde amosarán a súa creatividade á hora de realizar este tipo de tarefas”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal