Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO IMPULSA A CAMPAÑA FELICITA O NADAL EN GALEGO A TRAVÉS DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O CONCELLO IMPULSA A CAMPAÑA FELICITA O NADAL EN GALEGO A TRAVÉS DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que os recursos están dispoñibles na web do Concello e na do Servizo de Normalización Lingüística municipal
Narón, 14 de decembro de 2018. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón anima ás veciñas e veciños a felicitar estas festas en lingua galega a través da campaña Felicita o Nadal en galego. Co fin de facilitar esta labor ás persoas interesadas, tal e como explicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, a través das webs do Concello e do Servizo de Normalización Lingüística poderanse descargar varios modelos de postais para enviar mediante redes sociais como Facebook ou Twitter. Os deseños realizados están dispoñibles na web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/nadal2016.
A maiores deses deseños que se ofrecen en canto ás imaxes a enviar, tamén se proporcionan como novidade este ano varias mensaxes de diferentes estilos para acompañar as felicitacións, que se poden descargar tamén no citado enlace da web municipal.
“Desde o ano 2010 o Concello de Narón ofrece esta opción ás veciñas e veciños, para que feliciten o Nadal na nosa lingua, o galego, e teñan á súa disposición os recursos precisos para facelo a través da administración local”, apuntou a edil. Taibo recalcou que o Servizo de Normalización Lingüísitca municipal, a través do que se programa esta iniciativa, “contribúe a dinamizar a lingua galega ao tempo que ofrece asesoramento de balde para o seu correcto uso nos distintos ámbitos”. Deste xeito, indicou, pódese recorrer ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón para que revise eses textos de felicitación, debendo dirixirse as persoas interesadas ao correo electrónico: a.pita@naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal