Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACONDICIONA O ENTORNO DO NOVO PARQUE INFANTIL DE PIÑEIROS
O edil de Servizos, Ibán Santalla, explicou que os traballos se executan con cargo a un investimento de 23.000 euros
Narón, 15 de decembro de 2018. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, informou do inicio das obras de acondicionamento do entorno do parque infantil de Piñeiros, nas que o Concello inviste unha partida de 23.000 euros. Un equipo de operarios comezou o labor esta mesma semana e está previsto que estea rematada a finais deste mesmo ano se as condicións meteorolóxicas permiten continuar avanzando nas obras. As tarefas permitirán actuar sobre o noiro que se localiza contra a rúa da urbanización máis próxima ao parque e acondicionar a zona verde máis cercana á área reservada para o estacionamento de vehículos. O concelleiro naronés incidiu en que “con esta actuación pretendemos mellorar o estado que presentaba o noiro localizado fronte á urbanización ubicada fronte ao novo parque infantil de Piñeiros” e explicou que “nestes momentos xa se retirou a maleza, estase colocando unha malla antiherbas e despois plantarase hedra, o que deixará este espazo nunhas mellores condicións que as que presentaba”. O proxecto a desenvolver nesa zona inclúe a maiores, tal e como apuntou Santalla, “o sementado de céspede e a plantación dun cento de setos de algo máis dun metro de altura, que marcarán os límites coa finca colindante á do parque”. Finalmente, avanzou, “procederase a pechar cunha malla o lateral paralelo á estrada e habilitarse unha senda de xabre, acorde co entorno e transitable para os viandantes”. A zona verde completarase cunha xardineira na que se plantarán arbustos de porte medio-baixo. “O barrio de Piñeiros conta actualmente cun novo parque infantil que se cofinanciou entre o Concello e a administración provincial e que supuxo un investimento que rondou os 40.000 euros”, recordou o edil. “Con cargo a esa actuación xa rematada, na que se incluíu a renovación dos elementos do parque biosaudable alí localizado anteriormente, e este adecentamento do entorno da área infantil, o Concello completará no barrio un investimento de preto de 73.000 euros, unha contía que se suma a outras melloras de parques infantís e zonas verdes no núcleo urbán e no rural que nos permitirán continuar habilitando espazos de lecer para as veciñas e veciños de Narón en todo o termo municipal”, subliñou Santalla.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal