Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ESPECTÁCULOS INFANTÍS E DE ADULTOS, UN MERCADO DE NADAL, UN XARDÍN EFÉMERO E OBRADOIROS COMPLETAN O PROGRAMA NADAL EN NARÓN
ESPECTÁCULOS INFANTÍS E DE ADULTOS, UN MERCADO DE NADAL, UN XARDÍN EFÉMERO E OBRADOIROS COMPLETAN O PROGRAMA NADAL EN NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou a programación acompañada das concelleiras de Cultura, María del Carmen Espada; Fiestas, Mar Gómez, Acción Social, Catalina García, y Promoción Social, Teresa Sabio
Narón, 17 de decembro de 2018. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou esta mañá o programa, Nadal en Narón, acompañada das edís de Festas, Mar Gómez; Cultura, María del Carmen Espada; Acción Social, Catalina García e Promoción Social, Teresa Sabio. As diferentes propostas para os vindeiros días de decembro e comezos de xaneiro do vindeiro ano sucederanse en diferentes ubicacións do concello. A rexedora local animou á veciñanza a “asistir ás diferentes convocatorias, desfrutando da gran variedade das mesmas xunto cos seus familiares e amizades nestas festas do Nadal, para as que apostamos por unha programación moi variada, con moitas propostas de balde para xente de tódalas idades, e con algunhas novidades como o Mercado de Nadal na Praza de Galicia”.
O vindeiro venres, día 21, e ata o próximo 4 de xaneiro, terá lugar o Mercado de Nadal na Praza de Galicia, unha das novidades deste ano, tal e como destacou Ferreiro. Este proxecto aposta por motivar as vendas do comercio local, polo que se habilitarán un total de sete casetas para comerciantes e artesáns da cidade que poderán vender a súa mercadoría. O Mercado de Nadal contará ademáis cun fermoso xardín efémero deseñado para esta ocasión polo prestixioso arquitecto paisaxista Martín Toimil xunto con un equipo de profesionais do seu estudo. O Mercado de Nadal e o xardín efémero –que poderán visitarse de 16.30 a 21.30 horas- compartirán protagonismo con multitude de espectáculos para público adulto e infantil con entrada de balde. “A viaxe da palabra que non era valente”, de Silvia Penide será o primeiro dos que terán lugar na Praza de Galicia, o día 21 e con inicio ás 18.00 horas, se ben o sábado 22 será o turno de “As parábolas de Pakolas”, de Pakolas –ás 18.00- e o concerto de adultos “Mad Martin Trío” –ás 20.00-; e o domingo 23 outro infantil “Fantasía coas palabras” –ás 18.00-.
O programa do venres 21 inclúe un espectáculo de música góspel no Pazo da Cultura, ás 20.30 horas: Connecting Soul, de Chicago Mass Choir, con entradas á venda na billeteira do Pazo ou na web www.padroadodecultura.es. A actividade do Nadal continuará o sábado 22, cunha nova edición do programa municipal Prazas Vivas, nesta ocasión de 16.30 a 18.30 o pavillón de Sedes, donde as persoas que desexen acudir poderán realizar varios obradoiros e xogar, así como avanzar nos traballos das carrozas que desfilarán na Cabalgata Solidaria do 5 de xaneiro. Será tamén o sábado 22 a celebración da décima edición da Xornada Moteira Solidaria, organizada polo Moto Club Fojeteiros, en colaboración co Concello e co Centro de Recursos Solidarios de Narón. Sairá ás 16.30 da Praza de Galicia, donde os nenos e nenas poderán reunirse con Papá Noel ás 17.30, tralo percorrido que as motos realizarán pola estrada de Castela. Recolleranse alimentos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón e tapóns de plástico para a causa “Alba, la promesa”. O teatro e a música completarán as propostas do 22 de decembro, coa obra “Ron Lalá”, no Pazo da Cultura a partir das 20.00 horas e o festival Rock Narón, desde as 21.00 horas na Praza de Galicia (con entrada de balde) e no que acturarán Barón Rojo, Sintrom ni Son, On Fire, The Nineties Rock The Machine e un DJ.
O domingo día 23 continuará o Mercado de Nadal, co Mercadiño e o concerto infantil “Fantasía coas palabras”, ás 18.00 horas e con entrada de balde.
Así mesmo, este ano volverá a percorrer un tramo da estrada de Castela o Navitrén, concretamente entre os días 26 e 29 de decembro, con saídas do Concello ata a igrexa de Santa Rita, en Xuvia, e ata Freixeiro, dando a volta na Ponte das Cabras. O Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón coorganizan estas viaxes, que estarán operativas de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas. As persoas poderán viaxar cos convites que lles entregarán polas súas compras nos comercios adheridos á campaña Comercio de Narón, en Nadal e sempre, ou pagando un euro (no momento da saída no propio Navitren).
Un concerto de Aldoalado o día 26 de decembro ás 20.30 horas no Pazo, a Festa de Fin de Ano do día 31 de deste mes, a partir das 1.00 horas, que se iniciará cunha sesión de fogos de artificio e na que atuarán a orquestra Cinema e varios DJs completarán o programa, que rematará o día 5 de xaneiro coa Cabalgata Solidaria, que sairá ás 16.00 horas da explanada localizada fronte á empresa Megasa –xunto á estrada de Castela- e coa recepción aos Reis Magos (Melchor, Gaspar e Baltasar) e o Rei da Solidariedade (Artabán) na Praza de Galicia.
A programación deseñada polo Concello inclúe ademáis outras propostas dirixidas aos nenos e nenas da cidade, como o programa Informática Divertida (INDI) –do 24 de decembro ao 4 de xaneiro- na Aula Cemit de Xuvia e en locais da zona rural; o ConciliaEscola Nadal –o 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro- na Escola de Domirón; o Campamento Municipal Narón Mocidade Activa -22, 26, 27 e 28 de decembro-; DeporNadal –do 26 ao 28 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro –en instalacións deportivas municipais, o Club de Golf Campomar e o local social do Alto-, organizado en colaboración con entidades deportivas da cidade; e Os contos do Apalpador, na Ludoteca municipal da Solaina o 18 de decembro e na Biblioteca municipal o día 22.


Descarga de archivos
Programa Nadal en NarónTamaño: 1,65 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal