Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
Á VENDA AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DO CANTAUTOR ASTURIANO VÍCTOR MANUEL NO PAZO DA CULTURA
Á VENDA AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DO CANTAUTOR ASTURIANO VÍCTOR MANUEL NO PAZO DA CULTURA
A cita será o día 19 de xaneiro e na mesma presentará ao público o seu novo disco, "Casi nada está en su sitio"
Narón, 18 de novembro de 2018. O cantautor asturiano Víctor Manuel presentará o vindeiro mes de xaneiro – o día 19- o seu novo disco, “Casi nada está en su sitio”, no Pazo da Cultura de Narón. O concerto de Víctor Manuel, de aproximadamente unha hora e media de duración, comezará ás 20.00 horas, e as entradas están xa á venda a un prezo de 35 euros para o público xeral e 24,50 para abonados, desempregados, e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Poden adquirirse na billeteira do Pazo e tamén, no caso das do público xeral, na web: www.padroadodecultura.es.
“Casi nada está en su sitio” é o primeiro albume de cancións orixinais do artista nos últimos dez anos, con temas que escribiu a comezos de 2018 e que viron a luz a principios do pasado mes de outubro. O disco inclúe un total de trece cancións coas que realiza unha nova xira que traerá ao artista a Narón, donde tamén recordará algúns dos temas máis recoñecidos polo público da súa traxectoria profesional.
Nos últimos anos o artista mierense protagonizou a xira “El gusto es nuestro 20 años” e “Cancións regaladas”, así como un libro de memorias e o directo “50 años no es nada”.
O concerto do vindeiro mes de xaneiro será o segundo de Víctor Manuel nesta cidade, en donde xa cantou coa súa muller, Ana Belén, con motivo das festas no ano 2008, no paseo marítimo de Xuvia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal