Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA COSMA APROBA UN NOVO PROXECTO PARA AMPLIAR A REDE DE SANEAMENTO NA PARROQUIA DO VAL
A alcaldesa da cidade e presidenta de Cosma, Marián Ferreiro, avanzou que o custe dos traballos ascende a 420.000 euros
Narón, 18 de novembro de 2018. O Consello de Administración da empresa mixta de augas do municipio, Cosma, aprobou na última xuntanza un novo proxecto enmarcado no Plan de Investimentos de 2019. A actuación, tal e como indicou a alcaldesa da cidade e presidenta de Cosma, Marián Ferreiro, consistirá na ampliación da rede de saneamento na parroquia do Val, concretamente no lugar de Vilares e suporá un investimento de 419.475 euros. Ferreiro explicou que unha vez realizados os traballos previstos, un total de 66 vivendas da zona contarán con servizo de saneamento, se ben esta cifra, indicou, “podería incrementarse ata dotar de alcantarillado a un total de 89 inmobles desa zona, atendendo así o posible crecemento futuro da construción de vivendas en Vilares”. Os traballos, tal e como figura no proxecto aprobado, realizaranse nun total de dous tramos, o primeiro deles con 1.624 metros de colector de saneamento e orzamentado en 234.823 euros e o segundo, de 1.207 metros de colector, valorado en 184.652 euros. A instalación da rede permitirá recoller os verquidos das vivendas localizadas na zona pola que se executará o proxecto e conducilos directamente ata a rede de saneamento existente mediante un circuíto de bombeo. As ofertas poderán presentarse nun prazo de vinte días contados desde o día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante de Cosma e terán que entregarse nas oficinas da empresa na cidade, localizadas no baixo dos números 33-35 da rúa do Rosal, en horario de atención ao público. A maiores das ofertas económicas, nos criterios de adxudicación dos traballos valoraranse os correspondentes ás melloras propostas polo licitador, así como o incremento do prazo de garantía inicialmente establecido. A alcaldesa destacou a importancia “de continuar avanzando na ampliación da rede de saneamento na zona rural do concello, uns traballos prioritarios para o goberno local e que terán continuidade con outros proxectos e investimentos nesta mesma área que se levarán a cabo con cargo ao orzamento do vindeiro ano”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal