Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ROBERTO DAVID GUERRERO E AMANDA GONZÁLEZ, GAÑADORES DAS DÚAS PRIMEIRAS CESTAS SORTEADAS NA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
ROBERTO DAVID GUERRERO E AMANDA GONZÁLEZ, GAÑADORES DAS DÚAS PRIMEIRAS CESTAS SORTEADAS NA CAMPAÑA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, o edil de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, e a tesoureira da Asociación de Comerciantes de Narón, Eva Pena, entregaron as cestas con produtos de Nadal no Consistorio
Narón, 19 de decembro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, e Eva Pena, tesoureira da Asociación de Comerciantes de Narón, entregaron esta mañá no Concello as dúas primeiras cestas sorteadas no marco da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, iniciada o pasado 10 de decembro e á que están adheridos un total de 124 establecementos comerciais da cidade. O Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón coorganizan un ano máis esta iniciativa, á que aínda poden sumarse os comercios do municipio que o desexen a través da páxina web: www.comerciodenaron.es, tal e como recordou o edil de Promoción Económica.
No sorteo realizado o pasado luns, día 17, nos comercios Woonka e Marisa Rivas Fotografía resultaron agraciados coas dúas primeiras cestas con produtos do Nadal Roberto David Guerrero Espinosa, de Ferrol e cunha papeleta depositada no establecemento Woonka, e Amanda González Sánchez, veciña de Oza-Cesuras e que depositou a papeleta en Marisa Rivas Fotografía, sendo a propia Marisa quen recolleu a cesta en nome da premiada.
As persoas que realicen compras ata o 8 de xaneiro nos comercios adheridos a esta iniciativa –que están debidamente identificados- reciben un tícket no que deben indicar os seus datos persoais e depositalo nas urnas que se instalaron nos comercios para poder participar nos diferentes sorteos. Hoxe entregáronse as dúas primeiras cestas con produtos de Nadal e a vindeira semana entregaranse as outras dúas, se ben o día 11 de xaneiro está prevista a entrega de catro vales de compra –que se sortearán seguindo o mesmo procedemento que as cestas-, dous por un importe de 500 euros e outros dous de 300. Os agraciados deberán gastar integramente o importe deses vales nos establecementos que participan na campaña, tal e como se recolle nas bases desta convocatoria.
Coincidindo con estas datas, a través desta mesma campaña tamén se porá en marcha o Navitren, que do 26 ao 29 de decembro realizará dous percorridos, ambos con saída das inmediacións do Concello. Polas mañás estará operativo entre as 11.00 e as 13.00 horas e polas tardes de 16.00 a 20.00 e en canto ás rutas, a máis longa será desde as inmediacións da Praza de Galicia ata a igrexa de Santa Rita, en Xuvia, dando a volta na Ponte das Cabras, e a máis curta desde a Praza de Galicia ata Freixeiro e tamén dando a volta na Ponte das Cabras. Nos comercios adheridos á campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre” entregaranse de balde coas compras tickets para poder viaxar no Navitren pero tamén se venderán no propio vehículo antes de cada saída, a un prezo dun euro por persoa e viaxe. Desde a organización incidiron no feito de que no caso de que se complete a capacidade de viaxeiros terán prioridade os que teñan convites dos establecementos.
A alcaldesa e o edil de Promoción Económica felicitaron ás personas que gañaron estas primeiras cestas da campaña e animáronas a continuar realizando as súas compras no comercio local. “A calidade dos produtos que se venden nos establecementos desta cidade queda acreditada co feito de que en numerosas ocasións a clientela desprázase a Narón a realizar as súas compras, non só procedente de concellos da comarca senón tamén doutros municipios de Galicia”, subliñou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal