Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO PROXECTA UN INVESTIMENTO DE 259.000 EUROS PARA ENLAZAR OS PASEOS DE FREIXEIRO E XUVIA CUNHA SENDA PEONIL E CICLISTA
O CONCELLO PROXECTA UN INVESTIMENTO DE 259.000 EUROS PARA ENLAZAR OS PASEOS DE FREIXEIRO E XUVIA CUNHA SENDA PEONIL E CICLISTA
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, explicou que se convocará a unha xuntanza aos propietarios das 62 parcelas que é preciso expropiar no tramo para materializar o proxecto
Narón, 20 de decembro de 2018. O concello continúa avanzando para materializar o proxecto de expropiación do “Parque fluvial de Narón entre a avenida Miguel de Cervantes e Megasa”, que prevé a habilitación dunha senda para peóns e ciclistas con varias áreas estanciais no tramo. A execución deste proxecto, tal e como apuntou o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, suporá un investimento de 259.019 euros para a adquisición dun total de 62 parcelas, das 67 localizadas no tramo, ao ser catro propiedade da Demarcación de Costas e unha do Concello.
O proxecto permitirá comunicar o paseo de Freixeiro, á altura da avenida Miguel de Cervantes, co de Xuvia, pasando polo muíño das Aceñas. En total será preciso dispoñer duns 70.000 metros cadrados de terreos, dos que na actualidade algo máis de 20.000 son propiedade da administración local. O trazado do paseo discorrerá paralelo ao río Freixeiro desde a citada avenida ata o camiño de Cobas, pola marxe dereita, para rematar nas inmediacións da empresa Megasa, enlazando co paseo de Xuvia. Na marxe esquerda a senda terá un carácter máis urbán, recuperando a servidume de tránsito existente, tal e como apuntou Ramos. O concelleiro avanzou ademais que o proxecto incluirá áreas estanciais ao longo da senda fluvial, que se habilitarán nas parcelas colindantes ao río.
O edil naronés avanzou que se convocará desde o Concello ás persoas propietarias de terreos na zona para explicarlles o grao de afectación nas súas propiedades e para aclarar as cuestións que consideren oportunas. O proxecto de expropiación terá que someterse a aprobación plenaria para posteriormente expoñelo ao público durante un prazo dun mes.
“Co fin de continuar ampliando os espazos de lecer, apostamos por este novo proxecto, que nos permitirá habilitar un gran pulmón verde na cidade, cumprir un compromiso adquirido polo goberno local e desfrutar do entorno natural do noso concello por tramos habilitados para este fin”, asegurou Ramos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal