Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO LOCAL PRESENTOU O ORZAMENTO MUNICIPAL DE 2019, QUE ASCENDE A 32,9 MILLÓNS DE EUROS
O GOBERNO LOCAL PRESENTOU O ORZAMENTO MUNICIPAL DE 2019, QUE ASCENDE A 32,9 MILLÓNS DE EUROS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Xestión Orzamentaria, Xosé Gómez Fandiño, presentaron o documento contable acompañados dos portavoces de TEGA, PSOE e BNG
Narón, 21 de decembro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro e o edil de Xestión Orzamentaria, Xosé Gómez Fandiño, presentaron os orzamentos do Concello para o vindeiro ano, que ascenden a 32.911.923 euros. Na rolda de prensa estiveron tamén presentes os portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; do PSOE, Catalina García; e do BNG, Teresa Sabio. Ferreiro subliñou que “este é o documento máis importante do Concello, que traza as liñas do 2019 e que é o máis elevado do Concello de Narón, con 32,9 millóns de euros, incrementándose nun 3,31% con respecto ao ano anterior”. Ferreiro recalcou que no novo documento contable, que se someterá a aprobación no pleno do vindeiro xoves, “"aumentamos os investimentos, temos a débeda bancaria a cero e conxelamos os impostos, baixando incluso o IBI rústico ata igualalo co urbán”".
O concelleiro de Xestión Orzamentaria, Xosé Gómez Fandiño, destacou o feito de que “son uns orzamentos que se incrementan en algo máis dun millón de euros con respecto ao ano anterior e están elaborados seguindo o principio da prudencia, orzamentando en función dunhas previsións realistas e viables”. O edil naronés incidiu en tres aspectos do documento contable: “son uns orzamentos que están fundamentados na premisa de non subir impostos nin taxas o vindeiro ano, baixando o coeficiente do IBI rústico do 0,65 ao 0,62, co que medran os orzamentos sen cargar ás veciñas e veciños de Narón; outra cuestión importante é que iniciaremos este 2019 sen débeda bancaria, o que permite liberar recursos para investimentos e outros gastos correntes en beneficio de políticas para a veciñanza e, por último, destacar as actuacións máis importantes, entre as que están as políticas de dependencia, cun incremento duns 400.000 euros con respecto ao 2018 e duplicando a partida de 2017”.
Gómez Fandiño coincidiu coa alcaldesa en destacar que “o documento que presentamos ten como prioridade a atención ás persoas e con esa premisa traballamos nel, para ter uns orzamentos sociais”.
O edil naronés, en canto aos ingresos, recalcou que “se está apreciando un maior dinamismo económico na construcción nos últimos meses, o que repercute nos ingresos dos impostos e taxas”.
No apartado de investimentos, para o que se contempla unha partida de 2.954.156 euros (un 5,39% máis que o pasado ano), Fandiño desglosou os incluídos neste orzamento, comezando pola rehabilitación do muíño de Xuvia representará un investimento de 982.501 euros para un proxecto plurianual, e ao que o Concello aportará 136.000 euros, a Deputación 300.000 e a través de Fondos Europeos (Edusi) financiaranse os 546.001 restantes. Tamén se reservan 488.408 euros para o novo campo de fútbol de herba artificial en Río Seco; 141.000 euros para a ampliación da rede de saneamento en Outeiro e Pedroso; 141.964 para equipos informáticos e almacenamento de datos; 136.940 euros para melloras de eficiencia enerxética e alumeados no rural; 100.000 euros para adquisición de terreos; 60.500 para mantemento de centros de ensino (a pesares de ter só competencias en mantemento básico os Concellos, como recordou a alcaldesa); e 53.800 para melloras de eficiencia enerxética, entre outros.
A maiores desa partida está a recollida no capítulo 7 do orzamento, de transferencias de capital, por un importe de 893.089 euros e na que se inclúen os 860.353 euros do convenio coa Xunta para a construción do centro de saúde (a anualidade que corresponde ao Concello) e 32.735 euros para a aportación á Mancomunidade para a ampliación do refuxio de animais de Mougá. Nestes casos son investimentos que o Concello financia para que executen outras administracións, tal e como apuntou Gómez Fandiño.
“Fomos capaces de sanear as contas do Concello, co que agradecemos o traballo que realizou o anterior concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, o que nos permite encarar con estabilidade e confianza o vindeiro ano”, subliñou o concelleiro.
Finalmente, Ferreiro explicou que o documento se presentou onte no Consello Xeral de Participación Cidadá –incluíndose algunhas obras que partiron dos Consellos Territoriais- e asegurou que ese investimento de 2,9 millóns de euros é o inicial, avanzando que ao longo do ano se vai incrementar, “tal e como pasou no actual exercicio, que a partida dos investimentos inicial era inferior á de este ano e chegou aos 12 millóns de euros”.
A alcaldesa asegurou que o grupo de goberno está “moi satisfeito” destes orzamentos e agradeceu a colaboración do equipo de goberno e tamén dos técnicos do Concello.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal