Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
DEPORNADAL, O CAMPAMENTO MUNICIPAL NARÓN MOCIDADE ACTIVA E O NAVITREN SÚMANSE Á PROGRAMACIÓN DE NADAL EN NARÓN
DEPORNADAL, O CAMPAMENTO MUNICIPAL NARÓN MOCIDADE ACTIVA E O NAVITREN SÚMANSE Á PROGRAMACIÓN DE NADAL EN NARÓN
A programación continúa ademáis co Mercado de Nadal na Praza de Galicia e outras propostas dirixidas a todo tipo de públicos
Narón, 26 de decembro de 2018. O programa Nadal en Narón continúa desenvolvéndose con propostas lúdicas e musicais cada tarde na Praza de Galicia e tamén cos campamentos e programas municipais que se convocaron desde o Concello para estas datas. Esta mesma mañá comezaba no pavillón da Mocidade, na Gándara, o programa DeporNadal, no que participan preto dun centenar de nenos e nenas de Narón de entre 6 e 12 anos. Fútbol sala –de 10.00 a 11.30 horas- e Tiro con arco -11.30 a 13.00- foron as actividades que se realizaron hoxe, en colaboración co Club Cidade de Narón e o Club Arco Narón. A programación de DeporNadal continuará mañá, con Balonmán e Tenis de Mesa –tamén en dúas quendas co mesmo horario- co Club Balonmán Narón e o Club Tenis de Mesa Narón no pavillón de Campo da Serra. O venres será o turno doutra actividade deste programa, o Xadrez –de 10.30 a 12.30-, co Círculo Xadrez Narón no local social do Alto do Castiñeiro.
Tamén dentro da programación de Nadal comezaron esta mañá, con moi boa acollida entre a veciñanza, as viaxes do Navitren. Esta iniciativa, posta en marcha un ano máis polo Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón, leva aos nenos e nenas entre as 11.00 e as 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas por algún dos dous percorridos organizados pola estrada de Castela e a zona de Freixeiro, ambos dando a volta na Ponte das Cabras. As saídas realízanse desde as inmediacións da parada de buses localizada xunto ao Concello e alí poden adquirirse os tickets para as viaxes a un prezo dun euro. As persoas que realicen compras nos establecementos da cidade adheridos á campaña Comercio de Narón, en Nadal e sempre, recibirán uns convites cos que poderán realizar unha viaxe de balde.
Así mesmo, esta mañá tivo lugar a segunda sesión do campamento municipal Narón Mocidade Activa Nadal, no que participan unha vintena de rapaces e rapazas de Narón de 13 a 16 anos. Esta mañá foi o turno de dúas actividades, graffite e skate, que realizaron nas inmediacións da Casa da Mocidade, na Gándara, donde continuará esta actividade ata o vindeiro 28 de decembro. Manexo de drons, robótica e deportes urbáns forman parte das actividades que se levarán a cabo nos vindeiros días con cargo a este campamento municipal.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal