Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CABALGATA SOLIDARIA PECHARÁ MAÑÁ OS ACTOS DE NADAL NO CONCELLO CUN DESFILE DE ONCE CARROZAS E A RECEPCIÓN AOS REIS MAGOS E O REI ARTABÁN
O tráfico rodado pola estrada de Castela entre as rúas Altea e 25 de Xullo desviarase por viais alternativos mentres pasen as carrozas
Narón, 4 de xaneiro de 2019. A Cabalgata Solidaria pechará mañá pola tarde os actos do programa de Nadal na cidade. Ás 16.00 horas partirá a comitiva formada por once carrozas solidarias desde a estrada de Castela –á atura da empresa Megasa-, na que irán os tres Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, e o Rei da Solidariedade, Artabán. No traxecto cara á Praza de Galicia, donde recibirán aos nenos e nenas, farán paradas musicais fronte á Residencia San José, en Piñeiros, e na glorieta de Freixeiro. A chegada á Praza de Galicia está prevista ás 18.00 horas e media hora máis tarde, sobre as 18.30, terá lugar a recepción aos Reis Magos e do Rei Artabán, explicou a concelleira de Acción Social, Catalina García. O programa de mañá pola tarde na Praza de Galicia, indicou, inclúe o espectáculo musical infantil “Fantasía coas palabras”, ás 18.45, e ás 19.00 haberá unha degustación, de balde, de chocolate para todas as persoas que asistan. Os Reis Magos e Artabán estarán na Praza de Galicia ata as 20.00 horas. Na Cabalgata Solidaria deste ano participarán un total de once carrozas, realizadas nas parroquias da Gándara, Freixeiro, O Couto, O Val, San Xiao, Piñeiros-Pedroso, Sedes, A Solaina, O Alto, Xuvia e Doso. As veciñas e veciños, de diferentes idades, participaron nas últimas semanas na decoración das carrozas que desfilarán mañá, a través dos obradoiros do programa municipal Prazas Vivas. Desde o equipo de goberno agradeceuse a implicación das veciñas e veciños das parroquias e barrios da cidade, por colaborar un ano máis para que esta cabalgata sexa unha realidade. Entre as decoracións elixidas para ornamentar as carrozas poderanse ver as de: O circo da Gándara; A hora do conto; A fábrica de agasallos; Os renos do Val; Bosque máxico; Fóra o eucalipto; O rural manda; Paxes reais; Casa de xenxibre; O grinch no muíño e Rally en igualdade, tal e como recordou a edil de Acción Social. Desde a Concellería de Seguridade Cidadá, dirixida polo edil Guillermo Sánchez Fojo, informouse á veciñanza de que mañá, desde as 16.00 horas e durante o percorrido da Cabalgata Solidaria, estará prohibida a circulación pola estrada de Castela, no tramo comprendido entre as rúas Altea e 25 de Xullo, desviándose o tráfico por vías alternativas. O goberno local solicitou de antemán desculpas aos condutores polas molestias que poida ocasionar e animou á veciñanza de Narón a acudir á Cabalgata Solidaria, donde os nenos e nenas poderán ver aos Reis Magos e a Artabán e desfrutar dun espectáculo musical e dun chocolate.
Descarga de archivos
Percorrido Cabalgata Solidaria
Tamaño:2,67 MB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal