Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A AULA CEMIT DE XUVIA RECIBE O RECOÑECEMENTO DE AULA DE REFENCIA DA AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, destacou a concesión a maiores dunha subvención de 15.000 euros para o centro
Narón, 29 de decembro de 2018. A Xunta de Galicia declarou a Aula Cemit do Concello de Narón como Aula de referencia, tras constatarse que entre o 1 de decembro de 2016 e o 30 de novembro de 2017 o Consistorio dispuxo da aula con maior nivel de actividade de todas as que non contaban con subvención concedida para o ano 2018. As instalacións, localizadas no antigo Consistorio de Xuvia, cumpren cos requisitos establecidos no convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para acadar a condición de Aula de referencia con dereito a subvención. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, subliñou a importancia deste recoñecemento, en canto supón, asegurou, “unha moi boa nova para este Concello, ao constatar o gran traballo que se veu realizando na Aula Cemit de Xuvia desde a súa entrada en funcionamento”. Así mesmo, o Amtega tamén notificou a renovación automática dese recoñecemento de Aula de referencia da rede Cemit para o ano 2019. Para acadar ese recoñecemento de Aula de referencia, os centros que integran a Rede Cemit deben acreditar que no exercicio anterior mantiveron uns elevados niveis de actividade, un requisito que cumpriron con creces as instalacións localizadas na cidade. En concreto, no caso de Narón superáronse as 1.000 horas de actividade, cifra que corresponde aos concellos de máis de 5.000 habitantes. A responsable da área de Novas Tecnoloxías valorou o feito de que o Concello obterá unha subvención de 15.000 euros para a Aula Cemit no ano 2018, tal e como se lle notificou recentemente desde a Xunta de Galicia. En canto á actividade desenvolvida este ano na Aula Cemit de Xuvia, Natalia Hermida recordou que se impartiron un total de 1.916 horas, nas que se ofertaron cursos de: Iniciación a internet e correo, Iniciación e avanzado de Tratamento de textos, Follas de cálculo, Bases de datos, e Presentacións gráficas, Internet e almacenamento na nube, Comunicación Social Media, Google Adwords, Trámites e compras en liña, Edición de imaxes con GIMP, Busca de emprego en internet, Internet e correo electrónico, Iniciación á contabilidade e facturación e o programa Informática Divertida (INDI), entre outros. “Todas as sesións programadas, un total de vinte e sete no último ano, permitiron ofrecer 560 prazas de formación en inclusión tecnolóxica”, destacou Hermida.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal