Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA EN 98.500 EUROS OBRAS DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NA ZONA RURAL
O concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, explicou que os traballos se executarán en lugares das parroquias de Castro, O Val e Pedroso
Narón, 8 de xaneiro de 2019. O Concello de Narón continúa avanzando nas tarefas de implantación da tecnoloxía led no alumeado público do municipio. A maiores dos traballos realizados na zona urbana, en viais, polígonos e edificios públicos, no rural as actuacións máis inmediatas a executar nos vindeiros meses desenvolveranse en lugares das parroquias de Castro, O Val e Pedroso e suporán un investimento global de 98.590 euros. Con cargo a esta contía implantarase a tecnoloxía led nun total de 284 luminarias da zona rural. O concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, destacou que “o aforro enerxético e, polo tanto, económico, continuará reducíndose para as arcas locais, ao tempo que consolidamos a firme aposta do equipo de goberno por mellorar o servizo, ao ofrecer unha maior iluminación a tecnoloxía led, e reducir a contaminación lumínica”. O edil recordou que o vindeiro venres, día 11, rematará o prazo para presentar ofertas para acometer os traballos de mellora de eficiencia enerxética no alumeado de A Torre, na parroquia de Pedroso, licitados en 39.966 euros. Tamén se manexa ese mesmo prazo, indicou, para os correspondentes á intervención prevista nos lugares de Agrande, en Castro, e A Pedra, tamén en Pedroso, orzamentados en conxunto estes dous últimos en 30.504 euros. No lugar da Torre procederase á dotación de alumeado con tecnoloxía led nun total de 119 luminarias, se ben no caso de Agrande substituiranse 62 e no de A Pedra un total de 21. A maiores destes dous contratos en proceso de licitación, o Concello destinou unha partida de 28.120 euros á mellora da eficiencia enerxética no lugar de Vilacornelle, na parroquia do Val. Neste caso os traballos están na fase final de adxudicación e permitirán instalar bombillas led nun total de 82 luminarias. A estes traballos que se iniciarán nos vindeiros meses súmanse outros xa executados cos que se instalaron puntos de luz led en camiños localizados nas parroquias de Doso, Sedes e Castro, tal e como apuntou o edil naronés. “A maiores dos importantes investimentos que se están realizando nesta área na zona urbana, na que tamén se continuará traballando, seguimos apostando por avanzar nestas mesmas tarefas no núcleo rural, donde están orzamentados para este ano outras actuacións de mellora de eficiencia enerxética en alumeados en varios lugares, como As Viñas, A Fraga e A Braña, entre outros, con algo máis de 120.000 euros de investimento en total”, apuntou Mauriz.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal