Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ENTREGADOS NO CONCELLO OS CATRO VALES DE COMPRA SORTEADOS A TRAVÉS DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
ENTREGADOS NO CONCELLO OS CATRO VALES DE COMPRA SORTEADOS A TRAVÉS DA CAMPAÑA
Algo máis de 120 establecementos comerciais da cidade adheríronse a esta iniciativa impulsada polo Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón
Narón, 11 de xaneiro de 2019. O Concello de Narón acolleu esta mañá o acto da entrega de premios da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, impulsada a través do Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón. O edil de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, e Alba Dopico, en representación da Asociación de Comerciantes de Narón, participaron na entrega dos vales da campaña, dous de 500 euros e outros dous de 300. O edil naronés agradeceu a elevada participación nesta campaña, na que se implicaron algo máis de 120 establecementos comerciais da cidade, e felicitou aos gañadores tanto dos catro vales entregados hoxe como das catro cestas con produtos de Nadal sorteadas o pasado mes de decembro.
Os vales de 500 euros foron para Noemí Penedo, veciña de Narón e cunha papeleta selada no comercio Bioreona e Sara Fernández, de Fene e que depositou a papeleta premiada no comercio Cande Interiorismo. En canto aos vales de 300 euros, foron para Diego Pita, veciño de Narón e que selou unha papeleta no establecemento Carlos Carballeira Fotografía, e Verónica García, de Valdoviño, por outra selada en Mayka Moda. Representantes dos establecementos nos que se depositaron as papeletas premiadas –o sorteo realizouse onte no Concello- acudiron tamén á convocatoria desta mañá.
A vindeira semana os catro gañadores dos vales visitarán comercios de Narón para gastar o importe dos mesmos, debendo realizar as compras como mínimo en tres locais comerciais adheridos a esta campaña, tal e como se recolle nas bases desta iniciativa.
En total recolléronse unhas 30.000 papeletas nos máis de 120 establecementos adheridos a esta campaña.
O edil de Promoción Económica valorou a implicación do sector comercial da cidade nesta e noutras iniciativas e tamén agradeceu a participación das veciñas e veciños de Narón e doutros concellos que realizaron durante esa tempada, e tamén o fan noutras épocas do ano, as súas compras en establecementos da cidade. “O pequeño e mediano comercio de Narón ofrece unha gran variedade de produtos de calidade e cunha atención moi personalizada, dous factores que fan que o sector sexa hoxe en día unha referencia na cidade”, apuntou Gómez Fandiño. O concelleiro comprometeu o respaldo do Concello a cantas iniciativas se organicen de cara a impulsar ao pequeno e mediano comercio de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal