Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA PRESIDIU A RECEPCIÓN OFICIAL NO CONCELLO Á CÓNSUL DE CUBA EN GALICIA
A ALCALDESA PRESIDIU A RECEPCIÓN OFICIAL NO CONCELLO Á CÓNSUL DE CUBA EN GALICIA
Marián Ferreiro recibiu a Yahima Martínez no seu despacho, acompañada por portavoces dos grupos municipais da corporación
Narón, 11 de xaneiro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá o acto de recepción oficial á cónsul de Cuba en Galicia, no que deu a benvida á cidade a Yahima Martínez. Estiveron tamén presentes portavoces dos grupos políticos da corporación local. No transcurso da reunión os asistentes conversaron sobre a actual situación de Cuba e a cónsul trasladoulles aos representantes da corporación local o seu interese en establecer coa cidade lazos a nivel económico, social e cultural.
Martínez, que accedeu ao cargo en setembro do ano pasado, abordou o cambio de xeración no país e o traballo realizado polo presidente Miguel Díaz Canel e explicoulles tamén aos políticos locais o novo proxecto Constitucional de Cuba, que, asegurou, varía nun 75% o actual documento e que contou cunha ampla participación por parte dos residentes do país. O traballo na área económica é prioritario para Cuba, tal e como apuntou a cónsul, que incidiu en que “os investimentos son un tema prioritario e tamén o apoio institucional, para dar a Cuba a confianza que precisa e a fortaleza do empresariado español”.
A cónsul convidou aos representantes da corporación local a establecer unha serie de lazos culturais e empresariais entre Cuba e Narón. En materia cultural a cidade, a través do Padroado da Cultura, colabora desde hai varios anos coa Universidade Ciego de Ávila, que participa habitualmente no Festival Internacional de Folclore que cada mes de xullo se celebra no Pazo da Cultura.
A alcaldesa fíxolle entrega a Martínez duns agasallos institucionais do Concello que a cónsul agradeceu. Antes de abandonar a cidade Yahima Martínez asinou no Libro de Ouro de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal