Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS ENTRADAS Á VENDA PARA O CONCERTO DO CANTANTE VÍCTOR MANUEL NO PAZO DA CULTURA
O cantante e compositor asturiano presentará en Narón o seu último disco, "Casi nada está en su sitio"
Narón, 14 de xaneiro de 2019. O cantante e compositor asturiano Víctor Manuel ofrecerá este sábado, día 19, o primeiro dos concertos da programación trimestral deste ano no Pazo da Cultura. Durante aproximadamente hora e media o público poderá desfrutar, a partir das 20.00 horas, dos trece temas orixinais do seu último disco, Casi nada está en su sitio. As entradas dispoñibles están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 35 euros para o público xeral e de 24,50 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Casi nada está en su sitio é o primeiro disco con cancións orixinais de Víctor Manuel desde que publicara, no ano 2008, No hay nada mejor que escribir una canción. Composto durante o pasado ano, nas cancións do novo álbum destacan temas como o amor, as memorias do cantautor e tamén Asturias, donde o pasado 26 de outubro se iniciaba a xira nacional deste disco. Entre o repertorio do cantante e compositor asturiano no Pazo non faltarán outros éxitos da súa dilatada traxectoria profesional, cun primeiro álbum que viu a luz hai corenta anos. Desde entón Víctor Manuel colleitou numerosos éxitos, tanto en solitario como coa súa muller, a tamén cantante Ana Belén, ou en colaboracións con recoñecidos artistas do país.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal