Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DE COLEXIOS DA CIDADE PARTICIPA NAS SESIÓNS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE RECURSOS EDUCATIVOS DE APOIO Á ESCOLA
Os rapaces e rapazas visitan en horario escolar as instalacións do Concello, a Biblioteca, o Pazo da Cultura e o Speis
Narón, 17 de xaneiro de 2019. Escolares de Narón participan un ano máis no programa municipal de Recursos Educativos de Apoio á Escola. A Concellería de Ensino, dirixida pola edil Mercedes Taibo, e o Servizo Sociocomunitario Municipal impulsan esta proposta, con carácter de balde e que se desenvolve en horario escolar. Taibo recordou que “os nenos e nenas coñecen as instalacións do Concello, da Biblioteca Municipal, do Pazo da Cultura e do Speis de Narón, a través dunhas visitas nas que persoal dos distintos departamentos lles dá nocións básicas sobre o traballo que se realiza”. O vindeiro luns, día 21, comezarán as programadas para o presente curso escolar no Pazo da Cultura, a donde se dirixirán vinte e cinco alumnas e alumnos de primeiro curso de educación Primaria do colexio da Gándara. No caso de que o tempo o permita irán camiñando ata o Pazo, tal e como apuntou Taibo, se ben en caso de choiva desprazaranse en autobús. Os menores dividiranse en dous grupos que realizarán os itinerarios didácticos polas instalacións visitando os diferentes espazos, que se convertirán en escenario de actividades moi concretas. A danza tradicional, a música, o teatro e o baile son algunhas das propostas das que poderán desfrutar os nenos e nenas. A visita ao Pazo repetirase o martes día 22, neste caso con outro grupo de vinte e cinco escolares do CEIP da Gándara. O vindeiro 13 de febreiro desprazaranse ao Pazo, no marco deste programa, dezaoito alumnas e alumnos de primeiro curso de Primaria do CPR Jorge Juan e o 13 de marzo está prevista outra visita ás instalacións de vinte e cinco escolares do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar, de quinto curso de Primaria. Neste último caso, según avanzou a edil de Ensino, contémplase a posibilidade de que os menores acudan en bicicleta ao Pazo, acompañados por persoal do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. A concelleira avanzou que tamén están programadas as visitas guiadas á Biblioteca municipal para estudantes de segundo curso de Primaria, que se realizan este mes de xaneiro co CEIP da Gándara -50 alumnos e alumnas- o 21 de xaneiro e continuarán os días 4, 11 e 18 de febreiro -74 escolares do CEIP A Solaina-; o 11 de marzo -15 alumnas e alumnos do CPR Jorge Juan- e o 29 de abril -18 menores do CEIP Virxe do Mar-. Persoal da Biblioteca recibirá aos escolares e acompañaráos polas instalacións explicándolles as tarefas que se realizan en cada sección, para que coñezan tódolos recursos dispoñibles. “Este ano, como novidade, ofrecemos a opción de visitar tamén o Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros, concretamente para acudir ao Obradoiro interxeracional que se realiza no centro e permitindo aos nenos e nenas participar nunha clase do Curso de Comunicación, interactuando con persoas maiores e no que escoitarán contos, cantigas, refráns tradicionais. Taibo recordou que se manterán as visitas ao edificio do Concello, “cun itinerario co que se achega o funcionamento e os servizos da administración local aos centros educativos e que inclúe unha visita ao salón de plenos na que os menores son recibidos pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e visionan un vídeo educativo”. Estas sesións comenzarán no mes de febreiro. En marzo, indicou a edil, comezarán as visitas ao parque do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón, tamén con cargo a este programa municipal. O alumnado coñece as instalacións e servizos do Speis, así como as súas funcións e recibe tamén unhas nocións básicas sobre hábitos en situacións de emerxencias.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal