Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A COMPAÑÍA ELEFANTE ELEGANTE REPRESENTARÁ A OBRA "DANZA DA CHOIVA" NO PAZO DA CULTURA
A COMPAÑÍA ELEFANTE ELEGANTE REPRESENTARÁ A OBRA
O público poderá ver o día 20 de xaneiro esta peza teatral, que no ano 2017 obtivo o Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil
Narón, 17 de xaneiro de 2019. O teatro, a danza e os monicreques cobrarán especial protagonismo no espectáculo Danza da choiva, que o vindeiro domingo, día 20, representará no Pazo da Cultura a compañía Elefante Elegante. María Torres e Gonçalo Guerreiro darán vida a este espectáculo de teatro xestual, tamén escrito, dirixido e adaptado por eles. A cita será a partir das 18.00 horas e as entradas dispoñibles están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos.
A obra Danza da choiva gañou no ano 2017 o premio María Casares ao Mellor espectáculo infantil. A peza divirte ao público familiar e infantil –a partir de 3 anos- cunha proposta na que se analiza o que acontecería se deixa de chover para sempre. María Torres e Gonçalo Guerreiro recollen verduras da horta e espantan un bando de paxaros que lles quere comer sementes que plantaron. Prepáranse para regar pero decátanse de que non teñen auga e esperan pero nunca chove, quedando deserto e seco o lugar no que traballan ata que bailan esperanzados unha danza da choiva.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal